Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA RÍA DE FERROL

ANUNCIO.

A Comisión Xestora da Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol, en sesión do 29 de maio de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación dos seus estatutos, que se someten a información pública polo prazo dun mes para que os interesados

formulen as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo.

O expediente pode consultarse nas oficinas da mancomunidade sitas no Concello de Ferrol e nos taboleiros de anuncios de calquera dos municipios mancomunados, como son: Ares, Mugardos, Fene, Neda, Valdoviño e Ferrol.

Ferrol, 21 de xuño de 2000.

Xaime Bello Costa

Presidente