Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso, para a contratación da obra E.P. 8504 O Forno-As Cernadas (Valga) (PPC 2000).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, por importe de 24.500.600 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 4, categoría c; e, grupo A, subgrupo 2, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 20 de xullo de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado