Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO do 19 de xullo de 2000 sobre licitación de obras.

A Comisión de Goberno deste concello, na súa sesión extraordinaria do 19 de xullo de 2000, aprobou o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, por procedemento aberto (tramitación ordinaria), das obras que se relacionan no punto 2, que se expón ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Simultaneamente, anúnciase o concurso para a presentación de propostas. A licitación poderase aprazar no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Pleno do Concello.

2. Obxecto do contrato: obra nº 61/PB/2000. Denominación: rede de sumidoiros en Lama de Paio, Gándara, Candás. Orzamento: 15.694.000 pesetas. Financiamento: Estado (MAP): 6.277.600 pesetas. Deputación provincial: 5.877.403 pesetas. Concello: 3.538.997 pesetas. Garantía provisional: 313.880 pesetas. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Criterios de selección: os sinalados na cláusula III do prego de cláusulas administrativas.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Garantías: provisionais: indícase no punto 2 deste anuncio. Definitivas: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

7. Obtención da documentación e información: secretaría do concello, praza do Concello, 1. 32652 Rairiz de Veiga. Teléfono: 988 46 55 52. Fax: 988 46 55 55, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Concello de Rairiz de Veiga, das nove ás catorce horas.

9. Apertura de ofertas: día 4 de setembro de 2000, ás trece horas, e se ese día aínda non rematase o prazo de presentación de proposicións, a apertura terá lugar o terceiro día hábil seguinte ó do remate do devandito prazo (excepto sábados), no salón de plenos deste concello.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Rairiz de Veiga, 19 de xullo de 2000.

O alcalde

Rubricado