Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ACORDO do 3 de xullo de 2000 polo que se anuncia concurso, con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación das obras de saneamento en Campelo (Poio) PPC/2000.

Tipo de licitación: 14.784.204 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: seis meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, dentro de prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello; teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 4 de xullo de 2000.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde