Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno Corporativo Municipal, en sesión plenaria do 3-7-2000, a modificación puntual do PXOU, coas observacións contidas no informe da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 26-6-2000, no ámbito de Extramundi, relativa á ampliación da delimitación de solo urbano industrial, en cumprimento do disposto polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, durante o cal poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Padrón, 13 de xullo de 2000.

O alcalde

Rubricado