Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de información pública.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do día 3 de abril de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 1 do plan parcial do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) de Ponte Pedriña, promovido pola Xunta de Compensación do polígono 1 do SUP-3.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio serviralles de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ós herdeiros de Josefa Fraga Nieto, por seren descoñecidos e ignorarse o seu paradoiro, para ser notificados persoalmente.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde