Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de xuño de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 13/1999, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número 13/1999.

Denominación: monte Lama Derriba.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Chao de Fabeiro.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 22 hectáreas.

Estremas.

Norte: pista e predios particulares da parroquia de Chao de Fabeiro.

Leste: pista e predios particulares de Chao de Fabeiro e camiños de acceso a estes.

Sur: pista e predios particulares das parroquias de Monforte e Chao de Fabeiro.

Oeste: pista e predios particulares das parroquias de Monforte e Chao de Fabeiro.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 15 de xuño de 1999, e en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistírenos en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 30 de xuño de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo