Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de xuño de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación para a posible ampliación do expediente 26/1977, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase a ampliación do expediente de clasificación número 26/1977, que en conxunto reuniría as características que a seguir se indican:

Denominación: monte de Sirgueiros (parcelas: Agra, Serra, Bustela, Val da Costa e Pena da Roda).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Sirgueiros.

Concello: O Incio.

Superficie total: 65 hectáreas.

Estremas da parcela nº 1-Agra-0,8 hectáreas.

Norte, leste e oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Toldaos.

Sur: camiño de servidume coa dirección Sirgueiros-Reboredo, que linda con predios particulares de veciños da parroquia de Toldaos.

Estremas da parcela nº 2-Serra-48,8 hectáreas.

Norte: predios particulares de veciños da parroquia de Sirgueiros.

Leste: predios particulares da parroquia de Toldaos.

Sur: camiño real que linda co monte veciñal en man común de Hospital do Incio e predios particulares da parroquia da Cruz do Incio.

Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Sirgueiros.

Estremas da parcela nº 3-Bustela-4,1 hectáreas.

Norte, leste e oeste: poligonal dos predios particulares que rodean a parcela.

Sur: monte veciñal en man común da Cruz do Incio.

Estremas da parcela nº 4-Val da Costa-8 hectáreas.

Norte, leste, sur e oeste: poligonal dos predios particulares que rodean a parcela.

Estremas da parcela nº 5-Pena da Roda-3,3 hectáreas.

Norte e oeste: camiño de servidume que entesta co monte veciñal en man común de Rendar e predios particulares de veciños da parroquia de Rendar.

Sur e leste: predios particulares de veciños das parroquias de Rendar e Sirgueiros.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 14 de decembro de 1999 e en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Ley de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible ampliación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no

prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistírenos en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 30 de xuño de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo