Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso público para a execución, mediante concesión, do Plan parcial de ordenación do SUNP-2, Salgueiriños en Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para selecciona-la persoa física ou xurídica que, como concesionaria do IGVS, polo sistema de expropiación, execute o plan parcial, o estudio de detalle e as obras do proxecto de urbanización do SUNP-2 de Salgueiriños.

Prego de bases: o prego de bases que rexerá o concurso, así como os proxectos do plan parcial, do proxecto de urbanización e do estudio de detalle poderán ser examinados nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitos en Área Central, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela; están á disposición dos interesados para a súa consulta e para a obtención de copias a cargo do solicitante, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles excepto os sábados.

Garantías: para tomar parte no concurso, os concursantes prestarán garantía a favor do IGVS por importe de 12.814.076 ptas.; a dita garantía poderá constituírse mediante depósito en metálico na Caixa do IGVS ou mediante aval bancario. A dita garantía devolveráselles ós concursantes, excepto ó que resulte adxudicatario, unha vez efectuada a adxudicación.

O adxudicatario do concurso, dentro dos quince días seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación, deberá prestar garantía a favor do IGVS, en calquera das formas antes sinaladas, por importe de 25.628.152 ptas.

Destinatarios: poderán concorrer ó concurso e ser concesionarios as persoas naturais ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que os inhabiliten para contratar coas administracións públicas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro da sede central do IGVS, sito en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ata as 14 horas do último día do prazo dos trinta días naturais seguintes a aquel no que teña lugar a publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. Se este último día do dito prazo fose sábado ou inhábil, quedará prorrogado ata o inmediato día hábil posterior.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na sede central do IGVS, sita en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 19 de setembro de 2000.

A comisión técnica constituirase no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula sexta do prego de bases; o dito informe emitirase nun prazo máximo de 30 días e á vista del a mesa de contratación fará a oportuna proposta á Dirección Xeral do IGVS.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir xunto cos documentos esixidos na cláusula VIII, punto 3.-Proposicións, do prego de bases.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo