Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de adhesión da empresa La Lactaria Española, S.A. ó convenio colectivo da empresa Leyma Alimentos de Galicia, S.A.

Visto o texto da acta de adhesión asinada o día 2 de marzo de 2000 pola representación empresarial e social da empresa La Lactaria Española, S.A. (código nº 1503572), na que se acorda a adhesión ó convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A. (código nº 8200342), subscrito con data do 1 de marzo de 2000 e publicado no DOG nº 111 de data 8-6-2000 que por economía procedemental non procede publicar coa presente resolución por ser de xeral coñecemento e de conformidade co disposto no art. 92.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xuño de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña