Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.354

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xullo de 2000 pola que se resolve a do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo) de convocatoria de subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como no nacional e internacional.

Pola Orde do 10 de marzo de 2000 (DOG nº 57, do 22 de marzo) convocáronse subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como no nacional e internacional.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ó informe-proposta elevado pola comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución para a realización dos eventos e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-Os pagamentos faranse de acordo co establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 10 de marzo suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas

(Orde do 10 de marzo de 2000, DOG do 22 de marzo)

SolicitanteDenominaciónUniversidadeAxuda

Bajo Palacio, IgnacioI Colloquium on Lie Theory and applicationsUniversidade de Vigo1.150.000

Bandera Vera, Antonio MªEntornos de creación pictóricaUniversidade de Vigo100.000

Cajide Val, JoséII Congreso Internacional sobre Calidade Universitaria. Os plans de desenvolvemento estratéxicos.Universidade de Santiago de Compostela2.046.000

Caride Gómez, José AntonioXV Seminario Interuniversitario de Pedagoxía SocialUniversidade de Santiago de Compostela800.000

Casal Jiménez, Mª MercedesCongreso Ibérico de EcoloxíaUniversidade de Santiago de Compostela1.110.000

Delgado Martín, JorgeXX Xornadas da Sociedade Española de MineraloxíaUniversidade da Coruña1.000.000

Díaz de Bustamante, José ManuelIII Congreso da Sociedade de Estudios LatinosUniversidade de Santiago de Compostela2.000.000

Guitián Rivera, EnriqueFirst Hispano German Organic ChemistryUniversidade de Santiago de Compostela1.000.000

Lameiras Fernández, MaríaXornadas sobre agresións sexuais a menoresUniversidade de Vigo600.000

López Criado, FidelI Congreso de Literatura e Sociedade: o papel da literatura no século XX. Universidade da Coruña500.000

Martí Ezpeleta, AlbertoXornadas: Clima e Calidade AmbientalUniversidade de Santiago de Compostela300.000

Rodríguez González, RománVI Xornadas de Campo de Xeografía IndustrialUniversidade de Santiago de Compostela300.000

Rodríguez Parada, Sonia MargaritaVI Taller de Metodoloxía de ACDEUniversidade de Vigo934.000

Samper Calvete, Fco. JavierXornadas hispano lusas sobre augas subterráneas no noroeste da península ibéricaUniversidade da Coruña800.000

Vaamonde Liste, AntonioXXV Congreso Nacional de Estatística e Investigación Operativa.Universidade de Vigo2.360.000