Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de xullo de 2000 pola que se anuncia convocatoria para a determinación e clasificación de parentes de Manuel Ventura Figueroa.

A Fundación Manuel Ventura Figueroa foi instituída no ano 1784 polos testamenteiros de Manuel Ventura Figueroa, patriarca das Indias, arcebispo

de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castela.

Producida a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións que viña desempeñando a Administración do Estado en relación coa Fundación Manuel Ventura Figueroa, mediante Real decreto 2170/1994, do 4 de novembro, sobre ampliación do traspaso á dita Comunidade Autónoma en materia de servicios e asistencias sociais e asumida a transferencia polo Decreto 396/1995, da Xunta de Galicia, polo que lle asigna, ademais, á Consellería da Presidencia e Administración Pública o seu protectorado.

No exercicio das funcións que o dito protectorado implica e como paso previo das convocatorias de axudas que o padroado da fundación, como órgano de goberno dela, considere oportuno acordar.

DISPOÑO:

Un.-Anúnciase convocatoria pública para a determinación e clasificación de parentes de Manuel Ventura Figueroa, fillo do matrimonio habido entre Manuel Cabanelas Figueroa e María Benita Barreiro Rodríguez e nacido en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1708, do acordo coas seguintes bases:

Primeira.-A acreditación do grao de parentesco con Manuel Ventura Figueroa levarase a cabo a través de calquera medio admitido en dereito.

Segunda.-As persoas interesadas remitirán a documentación que consideren oportuna, indicando, se é o caso, o concurso en que o interesado ou os seus parentes fosen clasificados no seu día.

Terceira.-As solicitudes irán dirixidas ó secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, e serán presentadas segundo o modelo anexo.

Cuarta.-Producida a determinación e, se é o caso, clasificación de parentes, darase traslado ó Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa.

Dous.-Facúltase o secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública para dicta-las disposicións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Santiago de Composela, 4 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública