Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 94 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acordou dar publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

1. Título: servicios técnicos para a realización dunhas viaxes en embarcación, dentro do programa de Visitas Didácticas polo litoral de Galicia.

-Organismo adxudicador: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Centro directivo: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

-Dependencia que o tramita: Servicio de Extensión Pesqueira.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto e trámite de urxencia.

-Publicidade da licitación: por Resolución do 21 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (DOG nº 40 do 28).

-Data de resolución da adxudicación: 26-4-2000.

-Adxudicatarios e importes:

Lote 1.-Cruceros Rías da Mariña, S.L.; 1.650.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 4.-Acquavisión Galicia, S.L.; 2.200.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 5.-Cruceros Rías Bajas, S.L.; 1.650.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 6.-Cruceros Rías Bajas, S.L.; 1.650.000 ptas. (IVE incluído).

2. Título: servicios técnicos para a relización de seis cursos de gardas particulares de campo, especialidade de gardas marítimos.

-Organismo adxudicador: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Centro directivo: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

-Dependencia que o tramita: Servicio de Extensión Pesqueira.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto e trámite ordinario.

-Publicidade da licitación: por Resolución do 8 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (DOG nº 62 do 29).

-Data de resolución da adxudicación: 26-5-2000.

-Adxudicatario: Centro Docente e Deportivo CIS, S.L..

-Importe: 7.496.000 ptas.

3. Título: servicios técnicos para a distribución da Guía do consumidor de peixe fresco nos mercados das cidades galegas.

-Organismo adxudicador: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Centro directivo: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

-Dependencia que o tramita: Servicio de Extensión Pesqueira.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto e trámite de urxencia.

-Publicidade da licitación: por Resolución do 27 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (DOG nº 67 do 5 de abril).

-Data de resolución da adxudicación: 6-6-2000.

-Adxudicatario: Idea, Creatividad e Comunicación, S.L..

-Importe: 7.903.938 ptas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación