Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de xuño de 2000 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

1º Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254/1975), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por orde do Ministerio de Comercio do 31 de decembro de 1975 (BOE nº 29/1976), outórgase concesión administrativa a José Abuín García para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 2.029 m, por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 232/1984), outórgase concesión administrativa a Estrella Barreiro Gómez para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 294,50 m, en precario por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 227/1984), outórgase concesión administrativa a Vicente Berride Caamaño para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.567 m, en precario por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 17 de maio de 1983 (DOG nº 62/1983), outórgase concesión administrativa á Agrupación de Mariscadores Nosa Señora do Carme de Carril, S.A. para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 59.764 m, por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 19 de abril de 1978 (BOE nº 145/1978), outórgase concesión administrativa a Jesús, Carlos e Fernando Berride Teijeiro e Vicente Berride Caamaño para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 23.211,50 m, por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.

Por orde do Ministerio de Comercio do 16 de decembro 1961 (BOE nº 21/1962), outórgase concesión administrativa a José Maneiro Melón para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.059 m, por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.

2º Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

3º Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura con data do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

1º Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no R.D. 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

2º Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expiraron, e de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións extinguiranse polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo á presente orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos dous prazos contaranse desde

o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela nºConcesionariom

21Domingo Moledo Candelo461

24Atilano Sobran de Arcade579

26José Longa Dios2.138

47Francisco Dacuña Barreiro900

63Juan Teijeiro Núñez555

67José Búa Lorenzo747

70Luis Sánchez Núñez64

92José Abelenda Baltar784

96Juan Teijeiro Núñez143

97Josefa Silva Díaz432

99Lucas Martínez Canaval661

111Luis Sánchez Núñez227

118Carmen Crespo Teijeiro74

139José Martínez Pereira64

145Secundino Abelenda Ares494

146José Martínez Pereira66

150Juan Teijeiro Núñez69

Parcela nºConcesionariom

156Jesús Berride Teijeiro514

171Juan Teijeiro Núñez42

181Manuel Abad Argibay90

193Gerardo Núñez Pereira71

197Gerardo Núñez Pereira56

205Gerardo Núñez Pereira72

209Crespo Rivas y Varela, S.L.499

212Lucas Martínez Canaval102

215Antonio Barreiro Pena125

220Manuel Gómez Lustres205

222Antonio Barreiro Pena136

225Ramona Giráldez del Río115

233Josefa Encisa Insúa74

234Juan Meaños Insúa165

235Josefa Encisa Insúa211

239Antonio Barreiro Pena118

246José Abelenda Baltar898

250Crespo Rivas y Varela, S.L.234

256José Maneiro Melón152

268Rufino Maneiro Crespo136

272Josefa Encisa Insúa38

281José Martínez Pereira43

287Antonio Barreiro Pena248

311Juan Teijeiro Núñez98

322Olivia Franco Boullosa58

340Juan Maneiro Longo50

350Crespo Rivas y Varela, S.L.438

355Juan Teijeiro Núñez46

374Manuel Abad Argibay80

Parcela nºConcesionariom

376Antonio Barreiro Pena37

386Sofía Quintáns González128

388Juan Teijeiro Núñez35

414Sofía Quintáns González64

439José Maneiro Melón56

442Marcelino García Sueiro72

462José Maneiro Melón243

473Josefa Encisa Insúa109

530José Rey Maneiro142

540Sofía Quintáns González315

553Obdulia Bejo Catoira259

555Juan Teijeiro Núñez72

563Antonio Barreiro Pena550

587Luis Castromán López370

598Manuel Franco Boullosa1.576

617Luis Castromán López230

618Luis Castromán López670

638Rafael Alonso Nine533

642José Abelenda Baltar101

660José Maneiro Melón91

674Juan Teijeiro Núñez298

682José Búa Lorenzo115

692Antonio Fernández Santos261

708Josefa Encisa Insúa675

711Josefa Encisa Insúa358

779Joaquín Oliveira Almeida104

784Juan Teijeiro Núñez456

818Eladio Ferreirós García309

822Pastora Sardiñeira Ramos304

Parcela nºConcesionariom

907Estrella Maneiro Gómez333

912Eladio Ferreirós García154

913Dolores Leiro Fernández221

921Vicente Berride Caamaño473

Por orde do Ministerio de Comercio do 31 de decembro de 1975 (BOE nº 29, do 18 de febreiro de 1976), outórgase concesión administrativa a José Abuín García para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 2.029 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp.

10134

José Abuín García2.029

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 232/1984), outórgase concesión administrativa a Estrella Barreiro Gómez para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 294,50 m.

Parcela nºConcesionariom

907/5453Estrella Barreiro Gómez294,50

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 227/1984), outórgase concesión administrativa a Vicente Berride Caamaño para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.567 m.

Parcela nºConcesionariom

921/3156Vicente Berride Caamaño1.567

Por Orde do 17 de maio de 1983 (DOG nº 62/1983), outórgase concesión administrativa a Agrupación de Mariscadores Nosa Señora do Carme de Carril, S.A. para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 59.764 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp.

462

Agrupación Mariscadores Nosa

Señora do Carme de Carril, S.A.

59.764

Por Orde do 19 de abril de 1978 (BOE nº 145/1978), outórgase concesión administrativa a Jesús, Carlos e Fernando Berride Teijeiro e Vicente Berride Caamaño para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 23.211,50 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp.

9054

Jesús Berride Teijeiro e outros23.211,50

Por orde do Ministerio de Comercio do 16 de decembro de 1961 (BOE nº 21/1962), outórgase concesión administrativa a José Maneiro Melón para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.059 m.

Parcela nºConcesionariom

1600José Maneiro Melón1.059