Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación do expediente sancionador por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 109/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase seguidamente:

Nome: José M. Veiga Pérez.

DNI/NIF: 33829525.

Nº expediente: LU-E 109/2000.

Precepto infrinxido: 26-e) O 23-o) en relación co 26-e) LO 1/1992.

Último domicilio: Serra Gañidoira 82, 1º Lugo.

Multa máxima: ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria á xefa de Negociado Inés Docando Casanova, podendo ser recusados en calquera intre da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13-d) do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o esta

blecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 11 de xullo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo