Visto o acordo da Comisión de Reclamacións do Claustro desta universidade, adoptado na súa reunión do 27 de xuño de 2000, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución de 4 de maio de 1999(BOE do 26 de maio) para a provisión da praza número 99/012 de catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía social, do departamento de Psicoloxía, desta universidade, a favor de José Romay Martínez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 de la Ley 11/1983, de 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Romay Martínez catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía social, do departamento de Psicoloxía, desta universidade.
A Coruña, 30 de xuño de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña