Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.317

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (80/2000).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe e testemuña de que no xuízo de faltas número 80/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o oito de maio de dous mil.

Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz de Instrucción, visto e oído no xuízo oral e público a presente causa xuízo de faltas 80/2000, seguida por unha falta de danos contra Andrés Hermida Eiroa, sendo parte nela o Ministerio Fiscal e denunciante María Ángeles Garrido Cachafeiro.

Debo absolver como absolvo a Andrés Hermida Eiroa da falta de danos de que estaba acusado, con declaración das custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos

efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación

Así por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Andrés Hermida Eiroa, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no BOP Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o catro de xullo de dous mil.

A secretaria

Rubricado