Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.316

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xullo de 2000 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios, para cubrir prazas de asesores técnicos na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Pola Orde do 17 de marzo de 2000 convocouse concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios, para cubrir prazas de asesores técnicos na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto na base décimo primeira da orde de convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro.-Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de méritos específico, convocado pola Orde do 17 de marzo de 2000 (DOG do 10 de abril).

Segundo.-A toma de posesión dos destinos obtidos neste concurso terá efectos do 1 de setembro de 2000.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria