Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.271

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (96/2000-5).

Eu, Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de autorización de entrada número 96/2000-5, notifícase a Olegario Díaz Rodríguez o auto dictado neles, no que o seu encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Auto.

Na Coruña, 3 de abril de 2000.

Antecedentes de feito.

1.-Mediante atento oficio dirixido a este Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos desta capital pola correspondente representación legal para o efecto comparecida en parte do Concello de Ferrol (A Coruña), solicitábase o outorgamento de autorización de entrada naquel lugar que se refe

rencia en canto sometido ó eventual consentimento ó respecto do seu titular e co fin da execución forzosa de previo acto daquela Administración local.

2.-En definitiva, mediante a dita solicitude solicitábase autorización xudicial co fin de proceder a entrar no piso 1º da rúa Hospital número 93 para proceder o seu derrubamento, posto que o interesado non executou voluntariamente o acordo municipal ordenándolle o derrubamento da edificación nin prestou a súa conformidade para a entrada na obra que lle foi requirida, radicándose esta como autos número 96/2000 deste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

3.-En calquera caso, o exame do presente expediente determina que a Policía Local de Ferrol (A Coruña) procedeu á inspección urbanística da dita vivenda, facéndose contar que carece de licencia para as obras efectuadas na terraza da súa parte posterior. Incoado o preceptivo expediente administrativo, concedéuselle a Olegario Díaz Rodríguez un prazo de dous meses (2) para que axustase as obras realizadas ás condicións da licencia outorgada o 23 de setembro de 1998, coa advertencia de que se desobedecera a dita orde o concello procedería a levala a cabo por vía de execución subsidiaria e á súa costa. Con data do 23 de setembro de 1999 dictou un decreto o alcalde-presidente do Concello de Ferrol (A Coruña), no que se acordaba, á vista do incumprimento por parte daquel interesado do ordenado, a dita execución subsidiaria, a cal se levaría a cabo pola brigada de obras municipal, baixo a dirección do arquitecto municipal Juan Antonio Vidal Romaní e a cargo do dito interesado. O dito acordo

remitiuse a este para que no prazo de vintecatro (24) horas comparecese na Xerencia de Urbanismo do dito Concello de Ferrol (A Coruña), co fin de que prestase o seu consentimento por escrito e a súa conformidade para a entrada no seu domicilio co fin da execución forzosa e ex oficio daquela demolición alí de obras non autorizadas, coa advertencia que pasado ese prazo sen presta-lo dito consentimento se entendería que se opoñía, polo que o concello solicitaría a autorización xudicial pertinente. No dito expediente non consta o dito consentimento daquel particular nin tampouco que el executase aquela demolición.

Fundamentos xurídicos.

1.-A sentencia número 22/1984, do 17 de febreiro, do Tribunal Constitucional, abordou o problema da execución por parte das administracións públicas dos seus propios actos e, en particular, cando levan consigo a entrada forzosa en domicilios. En síntese, a doutrina sentada ó respecto por aquel máximo intérprete constitucional establece a conformidade coa nosa Carta Magna do exercicio de potestades administrativas de autotutela por parte da Administración, de modo que se permite que esta emane actos declaratorios da existencia dos seus propios dereitos con eficacia executiva inmediata, sen prexuízo de que a Administración -de carácter local neste caso-, teña que respecta-los dereitos funda

mentais individuais e, no caso particular, a inviolabilidade do domicilio establecida no artigo 18.2º da Constitución, aínda que semellante ente público proceda á execución forzosa dos seus propios actos.

2.-Pola outra parte, nada autoriza a pensar que o xuíz a quen se lle pide aquela autorización de entrada debe outorgala baixo un mero automatismo formal, debido a que -conforme apunta a sentencia número 144/1987, do 22 de setembro, daquel igual máximo intérprete constitucional-, o correspondente órgano xurisdiccional -agora de natureza contencioso-administrativa e outrora de instrucción-, actúa nos ditos supostos como garante do dereito fundamental á inviolabilidade de domicilio e, en consecuencia, o único que se asegura é que se requira efectivamente a entrada alí en execución dun acordo que prima facie pareza dictado por autoridade competente no exercicio de facultades propias, garantindo ó tempo que esa irrupción no ámbito da intimidade se produza sen máis limitacións de dereitos fundamentais..., que aquelas que sexan estrictamente indispensables para executa-la resolución administrativa.

3.-Non se somete pois a xuízo do órgano xurisdiccional unipersoal para o efecto competente unha valoración da actuación da Administración senón simplemente se se atopa xustificada a penetración en eventual domicilio -ou aínda de lugar que precise o consentimento-, de persoa ningunha; se o dito extremo resulta indispensable par o dito efecto ou aínda, se é o caso, se existe lugar con semellante carácter, de forma que, tendo conta neste específico caso a executividade daquela actuación administrativa da Administración local agora promovente, de conformidade co teor do artigo 91.2º da L.O. número 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, en relación cos artigos 8.5º e 8.d) da Lei número 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en canto establecen que corresponde ós titulares dos ditos xulgados outorga-la autorización mediante resolución motivada para a entrada tanto en domicilios como nos restantes edificios ou lugares de acceso dependentes do

consentimento do seu titular cando semellante extremo sexa preciso para a execución daqueles actos das administracións públicas, non constando tampouco -segundo se colixe do contido daquel expediente agora adxunto-, o previo inicio de terceira vía xurisdiccional contencioso-administrativa segundo sinala para o efecto oportuna doutrina xurisprudencial sentada para o efecto por sentencia número 199/1998, do 13 de outubro, do Tribunal Constitucional, estímase procedente outorgar aquela autorización outrora solicitada por aquela Administración local para o efecto promovente, mentres sequera prima facie, se cohonesta con aqueles principios de legalidade, autotutela, subsidiariedade e proporcionalidade para o efecto esixibles in limine nun plano formal, de forma que,

Vistos: os artigos citados e demais de pertinente e xeral aplicación.

Acórdase: autoriza-lo Concello de Ferrol (A Coruña), e conceder por tanto os seus órganos competentes para o efecto a entrada no piso 1º da r/ Hospital número 93 daquela referida localidade ferrolá, do que resulta titular Olegario Díaz Rodríguez, co fin de retira-lo peche da terraza da parte traseira da dita vivenda alí sita ó non axustarse a súa construcción ó ordenación urbanística vixente, outorgándoselle un prazo de quince (15) días, contados a partir da súa correspondente notificación á dita referida autoridade municipal co fin da execución daquel extremo demolitorio e de restablecemento da legalidade urbanística outrora conculcada.

Notifíquese a presente resolución ás correspondentes partes comparecidas en parte para os seus oportunos efectos e signifíqueselles que, sen prexuízo do seu carácter executorio, esta non é firme en canto cabe eventual recurso de apelación nun só efecto ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia no prazo de quince (15) días, contados a partir da data seguinte á súa correspondente notificación.

Así o acorda, manda e asina o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos da Coruña José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que sirva de notificación ó demandado Olegario Díaz Rodríguez en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, vinteséis de xuño de dous mil.

Ángel-Javier Martín Sánchez

Secretario