Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.271

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (21/2000).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas 21/2000 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

Dolores Vilar Hortas, xuíza de instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 21/2000, seguida por unha falta de lesións contra José Rivas García, na que foron partes o Ministerio Fiscal e Nieves Pérez Rarís, en calidade de denunciante.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Rivas García de responsabilidade penal polos feitos que orixinaron esta causa, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse recurso de apelación neste xulgado no prazo de cinco días contado desde a súa notificación, para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Rivas García e Nieves Pérez Rarís, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o tres de xullo de dous mil.

O secretario

Rubricado