Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.270

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CORENTA E UN DE MADRID

EDICTO (880/1993).

Eu, Jesús María Serrano Sáez, maxistrado xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número corenta e un de Madrid.

Fago saber que no dito xulgado e co nº 880/1993 tramítase procedemento de menos contía por instancia da Empresa de Colaboracións Comerciais, S.A. contra Marcelino F. Cendón Estévez, Paula Ramos Flores, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día trece de outubro de dous mil ás 11.15 horas coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán posturas que non cubran as dúas terceiras partes do avalúo.

Segundo.-Que os licitadores para tomar parte na poxa, consignarán previamente na conta deste xulgado, no BBV 4070, nº 2535, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facendo consta-lo nº e ano do preocedemento, sen este requisito non serán admitidos, non aceptando entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de manifesto na secretaría do xulgado onde poderán examinarse, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as caras anteriores e as preferentes, se as houbese, quedarán subsistentes sen destinarse á súa extinción o prezo do remate e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na súa responsabilidade.

Para o suposto de que non houbese poxadores na primeira poxa, sinálanse para a celebración dunha segunda, o día 24 de novembro ás 11 horas, servindo o tipo do 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálanse para a celebración dunha terceira, o día 12 de decembro ás 11 horas, no que a poxa se celebrará sen suxeición a tipo, tendo que consignar quén desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Metade indivisa do predio número 11.951, ó folio 223, do tomo 507, libro 126 do Rexistro da Propiedade de Tui.

Descrición: rústico predio denominado Raposo, sito no barrio de Herdeiros, aldea de Pazos de Reis, concello de Tui, composto de dúas casa unidas de planta baixa e en parte alta, e terreo unido ó monte.

Valoración: 3.165.000 pesetas.

E para que sirva de notificación á demandada Paula Ramos Flores debido ó seu ignorado paradoiro e a inserción do presente en el BOCAM e no da Xunta de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado expido e asino o presente en Madrid, vinteseis de xuño de dous mil.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O/A secretario

Rubricado