Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.264

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 13 de setembro de 2000, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 8 de setembro de 2000, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 29 de xuño de 2000.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretaria xeral do Consello de Universidades

ANEXO

* Concursos convocados por resolución da Universidade da Coruña do 24-3-2000 (BOE do 18 de abril).

Concurso nº: 10.

Nº sorteo: 40.871.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Presidente titular: Antonio R. de Toro Santos.

Vocal secretario titular: Miguel Castelo Montero.

Concurso nº: 11.

Nº sorteo: 40.872.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Presidente titular: Antonio R. de Toro Santos.

Vocal secretario titular: Miguel Castelo Montero.

* Concursos convocados por resolución da universidade de Vigo do 8-2-2000 (BOE do 3 de marzo).

Concurso nº: 01.

Nº sorteo: 41.034.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Presidente titular: Antonio Llorente Medina.

Vocal secretaria titular: María Dolores Troncoso Durán.

Concurso nº: 02.

Nº sorteo: 41.035.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ciencias dos materiais e enxeñería metalúrxica.

Presidente titular: Pedro Merino Gómez.

Vocal secretario titular: Francisco Javier Pérez Trujillo.

Concurso nº: 03.

Nº sorteo: 41.036.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: linguaxe e sistemas infomáticos.

Presidente titular: Manuel Pérez Cota.

Vocal secretario titular: Francisco José Vázquez Núñez.

* Concursos convocados por resolución da universidade de Vigo do 21-2-2000 (BOE do 15 de marzo).

Concurso nº: 04.

Nº sorteo: 41.037.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xenética.

Presidente titular: Carlos López-Fanjul de Argüelles.

Vocal secretario titular: Armando Caballero Rúa.

Concurso nº: 05.

Nº sorteo: 41.038.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: Alfonso José García Cerezo.

Vocal secretario titular: Ricardo Marín Martín.

Concurso nº: 6/00.

Nº sorteo: 41.039.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: física da terra, astronomía e astrofísica.

Presidente titular: Francisco Sánchez Martínez.

Vocal secretaria titular: Minia Manteiga Outeiro.