Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.265

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica, a Alfonso Javier García Ascaso.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade de 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/023 de catedrático de universidade da área de coñecemento de construcción navais, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica, desta universidade, a favor de Alfonso Javier García Ascaso, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 24 de la Ley 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alfonso Javier García Ascaso catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica, desta universidade.

A Coruña, 28 de xuño de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña