Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.261

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se convocan cursos selectivos para os aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso en tódalas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998.

O artigo 7 do Decreto 309/1998, do 6 de novembro (DOG nº 226, do 20 de novembro) polo que se regulan os procesos de selección de prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario, das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, con aprobación das ofertas públicas de emprego do organismo para os anos 1998-2000, dispón que naquelas categorías que se prevexa expresamente na convocatoria, os aspirantes que superan o proceso selectivo deberán realizar, coas condicións e nas circunstancias que se refiran, un curso selectivo de carácter teórico-práctico, impartido pola Escola Galega de Administración Sanitaria, logo da súa convocatoria pola División de Recursos Humanos do Sergas, que os aspirantes deberán superar

con declaración de aptitude para poder ser nomeados persoal estatutario fixo do Sergas e tomar posesión das súas prazas.

No desenvolvemento das previsións anteriores o punto 1 da base novena da Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso de determinadas categorías de persoal estatutario do Sergas no Diario Oficial de Galicia, coas condicións que na nesta se establezan, unha vez celebrado o acto de elección de destino polos aspirantes que superaron en cada categoría o concurso-oposición, engadindo que o dito curso selectivo, de carácter teórico-práctico, será impartido pola Escola Galega de Administración Sanitaria calificando ós aspirantes coa consideración de apto ou non apto.

Por último a cláusula decimocuarta do convenio de colaboración asinado con data do 15 de febreiro de 2000 entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Sergas, por unha banda, e a Escola Galega de Administración Sanitaria, pola outra, habilita á dita escola para a organización e xestión daqueles cursos selectivos que se acorde encadrar dentro das ofertas públicas de emprego de persoal do organismo.

Por todo isto, unha vez realizado o acto de elección de destino nas diferentes categorías procede convoca-los cursos selectivos correspondentes nos termos previstos na convocatoria, polo que esta división

ACORDA:

Primeiro.-Convoca-los cursos selectivos para o persoal que superou o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Sergas de: ATS/DUE, matrona, fisioterapeuta, TEL, TER, TEAP, hixienista dental, auxiliar de enfermería, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, traballador social, logopeda, cociñeiro, auxiliar administrativo, persoal de servicios xerais, celador e pinche.

Segundo.-A estructura dos cursos, días, horarios e os lugares de realización son os que para cada categoría se indican no anexo da presente resolución, rematando todos eles nun acto conxunto para tódalas categorías que terá lugar o día 15 de setembro de 2000 ás 16.30 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Os cursos selectivos correspondentes ás categorías de ATS/DUE, auxiliar de enfermería, auxiliar administrativo; persoal de servicios xerais e celador realizaranse en distintas edicións, como se indica no dito anexo, de xeito descentralizado en distintos lugares de Galicia, agás no referente ó dito acto final conxunto que terá lugar en Santiago de Compostela.

Nestas categorías os aspirantes realizarán o curso no lugar que elixiron no acto de elección de destino, non obstante o anterior, naqueles supostos en que, como resultado da dita elección, o número de par

ticipantes nun determinado lugar fose inferior a cinco, a organización queda habilitada para suspende-la realización do curso no dito lugar, circunstancia que se comunicará persoalmente ós afectados, asignándoselle-lo lugar de realización máis próximo ó inicialmente solicitado.

O horario de realización dos cursos será entre as 16.30 e as 20.30 horas.

Os participantes nestes deberán acredita-la súa identidade tódolos días nos que se imparte o curso, polo que deberán ir provistos do DNI, permiso de conducción ou pasaporte.

Terceiro.-Os cursos selectivos terán carácter obrigatorio para tódolos aspirantes que superaron o concurso-oposición en cada unha das categorías ás que fai referencia a presente resolución, de xeito que non poderán ser nomeados como persoal estatutario fixo do Sergas aqueles aspirantes que non os realizaran ou non os realizaran na súa totalidade ou non os teñan superados.

Malia o anterior, no suposto de que un aspirante superase o concurso-oposición en dúas ou máis categorías, bastará con que realice o curso naquela categoría que pertenza ó grupo superior e, de pertencer ambas ó mesmo grupo, na que desexe o aspirante.

Cuarto.-Os cursos selectivos terán carácter teórico-práctico, sendo obrigatoria a asistencia a tódalas súas sesións, cualificando ó seu remate a cada un dos aspirantes coa cualificación de apto ou non apto.

Quinto.-Os cursos selectivos serán organizados ou xestionados pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (en diante FEGAS).

Sexto.-Neste senso correspóndelle á FEGAS as seguintes atribucións en relación coa realización dos ditos cursos selectivos:

a) A súa organización, xestión e tódolos demais aspectos incluídos na loxística destes.

b) O control de asistencia dos participantes e o control da calidade docente destes.

c) O nomeamento dos distintos relatores que os impartan.

d) A cualificación dos participantes como apto ou non apto.

Sétimo.-Inmediatamente despois de rematado cada un dos cursos selectivos ós que fai referencia a presente resolución, a dirección da FEGAS remitirá á División de Recursos Humanos do Sergas relación certificada coas cualificacións obtidas por tódolos participantes en cada un dos ditos cursos selectivos.

Oitavo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados na forma prevista na base décima da Resolución do 28 de decembro de 1998 de convocatoria do concurso-oposición.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

Categoría: grupo técnico e grupo de xestión

da función administrativa

LocalidadeDataSede

Santiago de Compostela12, 13 e 14 de setembroPazo de Congresos e Exposicións de Galicia. San Lázaro s/n. Santiago de Compostela.

Categoría: traballador social

LocalidadeDataSede

Santiago de Compostela12, 13 e 14 de setembroPazo de Congresos e Exposicións de Galicia. San Lázaro s/n. Santiago de Compostela.

Categoría: cociñeiro, pinche

LocalidadeDataSede

Santiago de Compostela12, 13 e 14 de setembroHotel Puerta del Camino. R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. Santiago de Compostela.

Categoría: matrona, fisioterapeuta, logopeda

LocalidadeDataSede

Santiago de Compostela5, 6 e 7 de setembroHotel Puerta del Camino. R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. Santiago de Compostela.

Categoría: TER, TEL, TEAP, hixienista dental

LocalidadeDataSede

Santiago de Compostela5, 6 e 7 de setembroHotel Puerta del Camino. R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. Santiago de Compostela.

Categoría: ATS/DUE, auxiliar de enfermería

LocalidadeDataSede

A Coruña4, 5 e 6 de setembroPazo de Congresos e da Ópera. Glorieta de América s/n. A Coruña

Ferrol4, 5 e 6 de setembroCentro cultural Carballo Calero. Praza do Inferniño s/n. Ferrol

Santiago de Compostela4, 5 e 6 de setembroPazo de Congresos e Exposicións de Galicia. San Lázaro s/n. Santiago de Compostela

Lugo4, 5 e 6 de setembroFerial de Exposicións. R/ Palomar s/n. Lugo

Burela4, 5 e 6 de setembroInstituto Social da Marina (Casa do Mar). R/ Rosalía de Castro s/n. Burela

Monforte de Lemos11, 12 e 13 de setembroCasa da Cultura, Praza de España, nº 3. Monforte de Lemos

Ourense11, 12 e 13 de setembroDeputación Provincial. Edificio Simeón. R/ Progreso nº 30. Ourense

O Barco de Valdeorras11, 12 e 13 de setembroInstituto de Ensinanza Secundaria Lauro Olmo. R/ Calabagueiros nº 5. O Barco de Valdeorras

Pontevedra11, 12 e 13 de setembroResidencia da Terceira Idade. R/ Fernández Ladreda nº 26. Campolongo. Pontevedra

Vigo11, 12 e 13 de setembroAuditorio Caixavigo. R/ Policarpo Sanz nº 13. Vigo

Categoría: auxiliar administrativo, persoal

de servicios xerais

LocalidadeDataSede

A Coruña4, 5 e 6 de setembroPazo de Congresos e da Ópera. Glorieta de América s/n. A Coruña

Ferrol4, 5 e 6 de setembroCentro de Innovacións e Servicios. R/ A Cabana s/n. Ferrol

Santiago de Compostela4, 5 e 6 de setembroHotel Puerta del Camino. R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. Santiago de Compostela

Lugo4, 5 e 6 de setembroFerial de Exposicións. R/ Palomar s/n. Lugo

Burela4, 5 e 6 de setembroHospital da Costa. R/ Rafael Vior s/n. Burela

Monforte de Lemos11, 12 e 13 de setembroHospital Comarcal Monforte. R/ Corredoira s/n. Monforte de Lemos

Ourense11 de setembroCristal Piñor. R/ Ramón Puga nº 52. Ourense

Ourense12 e 13 de setembroSanta Mª Nai. R/ Ramón Puga nº 54. Ourense

O Barco de Valdeorras11 de setembroHospital Comarcal de Valdeorras. Avda. Conde de Fenosa nº 50. O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras12 e 13 de setembroInstituto de Ensinanza Secundaria Lauro Olmo. R/ Calabagueiros nº 5. O Barco de Valdeorras

Pontevedra11, 12 e 13 de setembroAuditorio Campolongo. Caixapontevedra. Edificio Central. Avda. Augusto García Sánchez. Pontevedra

Vigo11, 12 e 13 de setembroAuditorio Caixavigo. R/ Policarpo Sanz nº 13. Vigo

Categoría: celador

LocalidadeDataSede

A Coruña4, 5 e 6 de setembroPazo de Congresos e da Ópera. Glorieta de América s/n. A Coruña

Ferrol4, 5 e 6 de setembroCentro de Innovacións e Servicios. R/ A Cabana s/n. Ferrol

Santiago de Compostela4, 5 e 6 de setembroHotel Puerta del Camino. R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. Santiago de Compostela

Lugo4, 5 e 6 de setembroFerial de Exposicións. R/ Palomar s/n. Lugo

Burela4, 5 e 6 de setembroHospital da Costa. R/ Rafael Vior s/n. Burela

Monforte de Lemos11 de setembroHospital Comarcal Monforte. R/ Corredoira s/n. Monforte de Lemos

Monforte de Lemos12 e 13 de setembroResidencia da Terceira Idade. Paseo do Malecón s/n. Monforte de Lemos

Ourense11, 12 e 13 de setembroCristal Piñor. R/ Ramón Puga nº 52. Ourense

O Barco de Valdeorras11, 12 e 13 de setembroHospital Comarcal de Valdeorras. Avda. Conde de Fenosa nº 50. O Barco de Valdeorras

Pontevedra11 de setembroAuditorio Campolongo. Caixapontevedra. Edificio Central. Avda. Augusto García Sánchez. Pontevedra

Pontevedra12 e 13 de setembroDelegación Provincial da Consellería de Sanidade e Sercicios Sociais. Avda. de Vigo nº 16. Pontevedra

Vigo11, 12 e 13 de setembroAuditorio Caixavigo. R/ Policarpo Sanz nº 13. Vigo

* O día 15 de setembro celebrarase un acto conxunto para tódalas categorías no Pazo de Congresos e Exposición de Galicia sito en San Lázaro s/n en Santiago de Compostela.