Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.257

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Kiwi Atlántico, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Kiwi Atlántico, S.A. con nº de código 3602871, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, con data do 12-6-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para a empresa

Kiwi Atlántico, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Kiwi Atlántico, S.A. e tódolos traballadores que presten servicios nela, exceptuando unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 de Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio colectivo terá unha duración de dous anos, contados desde o 1 de xaneiro de 2000, finalizando o seu efecto o 31 de decembro de 2001.

Entenderase prorrogado de ano en ano, agás denuncia de calquera das partes, con tres meses de antelación, alomenos, á data do seu remate. A devandita renuncia terá que ser por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As condicións pactadas forman un todo orgánico, indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas, implantadas pola empresa, que significarán condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

A xornada laboral ordinaria será de corenta horas semanais de traballo efectivo.

Durante os meses de xullo e agosto realizarase xornada continuada.

Artigo 5º.-Garantía sobre ordenación do traballo.

A) Non contratar eventuais mentres haxa fixos descontinuos sen chamar.

B) Non faceren horas extraordinarias os fixos-descontinuos mentres permanezan outros de igual condición.

C) Chamar por orde de antigüidade e dar de alta a medida que se precisen ata que se poida esgota-la xornada e, cando isto non sexa posible, prescindir dos de menor antigüidade con baixa na Seguridade

Social, por diminución do producto. É dicir, os traballadores causarán altas e baixas na empresa de acordo coa prestación laboral real e cursando a baixa definitiva na campaña, do persoal afectado por diminución do producto ou finalización da tempada; para favorecer que o persoal que non poida traballar cun mínimo de continuidade poida acceder a outros traballos.

D) En relación cos traballos de posta en marcha e finalización de campaña, observarase o disposto no artigo 20 do Real decreto 1563/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo.

Artigo 6º.-Traballos en domingos e festivos.

Se por excepcional necesidade da empresa o traballador non puidese desfrutar do seu descanso neses días farao dentro da semana seguinte, sinalándose o día con anterioridade.

Artigo 7º.-Pase de eventuais a fixos descontinuos.

Os traballadores eventuais pasarán á condición de fixos-descontinuos cando realizasen tres campañas de trinta días de traballo como mínimo; cando non se teñan acadado os trinta días por campaña, terán a preferencia de ser contratados sen perda da condición de eventuais.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de trinta días naturais de vacacións.

As datas de desfrute acordaranse entre empresario e traballadores e non se poderán iniciar nin en domingo nin en festivo.

Artigo 9º.-Roupas de traballo.

A empresa dotará o seu persoal das axeitadas roupas de traballo. O persoal recibirá dúas fundas por ano ou peza similar. A primeira funda será entregada ó comezo da campaña e a outra a primeiros de maio e será obrigatorio o seu uso para o persoal ó que se lle entreguen as devanditas roupas.

Artigo 10º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia en calquera dos casos seguintes:

A) Matrimonio traballador: 16 días naturais.

B) Tres días nos casos do nacemento de fillo ou enfermidade grave ou pasamento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador precise realizar un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

C) Por traslado do domicilio habitual: un día.

D) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admiten demora: 2 días.

E) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas na Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debendo presentarlle o traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica.

Artigo 11º.-Retribucións.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa I para o ano 2000.

Incremento para o ano 2001: aplicaranse as retribucións consignadas na táboa anexa II.

Artigo 12º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2000 un incremento respecto do 1 de xaneiro superior ó incremento salarial para o ano 2001, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

Os traballadores afectos por este convenio terán dereito a percibir un complemento de transporte de 3.700 ptas. ó mes no ano 2000. Para o ano 2001 esta cantidade será de 5.900 ptas.

Artigo 14º.-Baixa por incapacidade temporal.

Durante as situacións de baixa por incapacidade temporal, as empresas completarán ata o 100 % do salario base do convenio máis a antigüidade, se é o caso, á correspondente prestación económica da Seguridade Social.

Artigo 15º.-Clasificación empresarial.

As clasificacións do persoal consignadas neste convenio son simplemente enunciativas e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas prazas enumeradas se a necesidade e o volume da industria non o require.

Categorías:

* Persoal administrativo.

-Oficial de 1ª. É aquel empregado que actúa ás ordes dun xefe, se o houber, e que ten un servicio determinado ó seu cargo, dentro do cal exerce iniciativa e posúe responsabilidade con ou sobre outros empregados ás súas ordes, realizando traballos que requiren cálculo, estudio, preparación ou condicións axeitadas.

Considéranse incluídos nesta categoría os contables que leven eles sós a contabilidade.

-Oficial de 2ª. É o empregado que con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinada a un xefe ou a un oficial de primeira, se o houbese, realiza traballos de carácter auxiliar ou secundario que só esixen coñecementos xerais da técnica administrativa.

-Auxiliar. É o empregado que se dedica a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas e inherentes ó traballo da oficina ou despacho.

* Especialistas da industria.

-Encargado de almacén. É o empregado que, ás ordes directas do empresario ou persoa en quen delegue, dicta as normas para a perfecta organización e distribución do traballo ó persoal de almacén e transporte, facilitando os datos necesarios para a boa marcha administrativa ás oficinas e tendo ó

corrente de canto aconteza á empresa, a quen lle facilitará os datos concretos de producción diariamente ou cando o empresario considere oportuno.

-Oficial 1ª-conductor carreta. É a persoa debidamente capacitada e autorizada pola empresa, que ten encomendada a conducción da carreta elevadora mecánica e a conservación dos seus elementos accesorios.

-Empaquetador. É a persoa que selecciona, coloca e encaixa a froita axeitándoa convenientemente no interior dos envases. Ademais, transporta a froita seleccionada no interior do almacén duns lugares a outros.

-Peón. É a quen se lle confían traballos elementais, para os que non se require ningunha preparación; requírese fundamentalmente unha contribución de esforzo físico, a atención debida e a vontade de levar a cabo o traballo que se lle ordene.

-Aprendiz. Son aprendices aqueles traballadores que teñan vixente un contrato de formación. Realizarán os labores correspondentes ó oficio que estean aprendendo.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro, polo importe dunha mensualidade cada unha delas, calculadas sobre o salario que se fixa na táboa anexa correspondente.

Estas pagas serán aboadas o 15 de xullo e o 15 de decembro.

Artigo 17º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón de métodos da organización da empresa, deba efectuar saídas quedan establecidas do seguinte xeito:

Axuda de custo completa. Fíxase unha cantidade de 5.000 ptas. para tódalas categorías.

Media axuda de custo. Fíxase unha cantidade de 2.000 ptas., igualmente para tódalas categorías.

Nos desprazamentos que se efectúen en coche propio aboarase a cantidade de 30 ptas./km.

Artigo 18º.-Comisión paritaria.

As partes acordan nomear unha comisión paritaria composta por unha representación dos traballadores e outra da empresa; o seu número fixarase no seu momento, para a interpretación das cláusulas do convenio.

Artigo 19º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio observarase o que determine o Estatuto dos traballadores, a Lei orgánica de liberdade sindical e as demais disposicións concordantes.

Artigo 20º.-Comisión negociadora.

Este convenio foi negociado en representación da empresa por José Pérez Expósito, José Aníbal Piñeiro Serodio e Antonio Escudero Álvarez, e dos traballadores, polo delegado de persoal Ramón Pesqueira Martínez.

ANEXO I

Táboa salarial ano 2000

Categorías:

Persoal administrativo:

Enxeñeiros e licenciados127.785

Enxeñeiros técnicos119.920

Oficial de 1ª100.184

Oficial de 2ª94.722

Auxiliar87.963

Especialistas de industria:

Encargado de almacén105.500

Oficial 1ª conductor de carreta91.610

Empaquetador84.525

Peón83.777

AprendizSMI

ANEXO II

Táboa salarial ano 2001

Categorías:

Persoal administrativo:

Enxeñeiros e licenciados131.618

Enxeñeiros técnicos123.518

Oficial de 1ª103.189

Oficial de 2ª97.564

Auxiliar90.602

Especialista de industria:

Encargado de almacén108.665

Oficial 1ª-conductor carreta94.358

Empaquetador87.061

Peón86.290

AprendizSMI