Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (89/1998).

Eu, o secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela dou fe e testemuño de que nos autos número 89/1998 consta a seguinte:

«Sentencia.

No nome de El-Rey.

En Santiago de Compostela a 27-11-1998.

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade viu os presentes autos de xuízo de faltas número 89/1998 no que foron partes como denunciante José Luis Montoto Mosteiro e como denunciado Enrique García Urbina,

Sentencio que debo absolver e absolvo a Enrique García Urbina da falta da que foi denunciado con declaración das custas procesuais de oficio.

Contra esta sentencia, poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia

provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causaren a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida emendarse na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, acreditarase ter pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometese en momento no que fose xa imposible a reclamación. Neste escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia das propostas que lle foron

indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non fosen practicadas por causas que no lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciron indefensión.

Así, por esta a miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mando e asino.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito e para que así conste, estendo e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o tres de xullo de dous mil.

O secretario

Rubricado