Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CELANOVA

EDICTO (33/2000).

Josefina Diz Barja, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Celanova (Ourense), e do seu partido:

Fago saber: neste xulgado e co nº 33/2000 tramítase o procedemento do artigo 131 da Lei hipo

tecaria por instancia da entidade mercantil Associates Capital Corporación PLC Sucursal en España, representada pola procuradora María de los Ángeles Sousa Rial, contra Marie Jeanne Georgette Wilig, Chistianne Hilde Conrad Schibeny, Manuel Álvarez Mosquera, sobre reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria de contía 5.074.376 pesetas, e que se detallan en: principal: 43.68.379 pesetas, xuros remuneratorios e moratorios reportados ata a data: 615.689 pesetas, gastos de cancelación, de devolución e de requirimento notarial 90.278 pesetas, máis os xuros que reporten desde a data da presente demanda ata o seu completo pagamento a razón de 2.508,16 pesetas diarias, gastos e custas, que se fixan prudencialmente na cantidade de 1.000.000 de pesetas, sen prexuízo de ulterior liquidación; no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública, por primeira vez e prazo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalando para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia

deste xulgado, o día 20 de setembro de 2000, ás 10.30 horas, coas seguintes prevencións:

Primeiro.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras paartes da súa valoración.

Segundo.-Os licitadores para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Celanova-Ourense, coa referencia 3212 0000 18 0033 00, unha cantidade igual, cando menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, requisito sen o que non serán admitidos e sen que se acepte entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cederlle o remate a terceiros.

Cuarto.-Tódalas poxas, dende o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade, estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como suficiente a titulación existente e que as cargas e gravames anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes e sen que se destine para a súa extinción o prezo de remate e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda, o día 20 de outubro de 2000, ás 10.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, e aplicándolle as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para que teña lugar a terceira, o día 20 de novembro de 2000, ás 10.30 horas, e esta terá lugar sen suxeición a tipo, debendo consignar, quen desexe tomar parte

nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar no seguinte día hábil, á mesma hora, bardante os sábados.

Así mesmo, xa que os demandados na actualidade atópanse en paradoiro descoñecido, o presente edicto servirá de notificación legal en formas para eles.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

-Predio para sementeira de cereais de secaño no sitio de Agrofeixe, no concello de Gomesende (Ourense), dunhas catro áreas. Linda: norte, camiño, muro no medio; sur, herdeiros de Carpio Gil; leste, Lisardo Pereiro e oeste, herdeiros de Eugenio Álvarez. Encol da devandita parcela construíuse a seguinte edificación: vivenda unifamiliar, composta de planta baixa, de adega e almacén, e de planta alta de vivenda. Ocupa unha superficie construída de noventa e nove metros cadrados. Linda por tódolos seus aires co predio onde se construíu.

O valor da taxación é de 9.704.000 pesetas.

O predio está inscrito no que atinxe á hipoteca no Rexistro da Propiedade de Celanova, no tomo 720, libro 57 do Concello de Gomesende, folio 145, predio 6.755, inscrición 4ª.

Celanova o dezanove de xuño de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado