Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (311/1999-P).

Eu, Victoria Moyano Ruíz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 311/1999, seguidos ante este xulgado por falta contra a orde pública, sendo denunciante a Xefatura de Tráfico da Coruña e denunciado Juan Serrano Iglesias nos que recaeu sentencia o encabezamento e parte dispositiva da cal é do teor literal seguinte:

«Sentencia número...

En Carballo, 8 de novembro de 1999.

Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, os presentes autos de xuízo de faltas 311/1999, sobre unha falta contra a orde pública no que son partes o Ministerio Fiscal e comparecendo o denunciante Rafael Míguez Vázquez e non comparecendo o denunciado Juan Serrano Iglesias, malia estar citado en legal forma, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, no nome de El-Rei, dictouse o seguinte:

Que debo condenar e condeno a Juan Serrano Iglesias, como autor penalmente responsable dunha falta contra a orde pública, á pena de 40 días de multa, a razón de 500 pesetas de cota diaria, con responsabilidade de persoal subsidiaria, no caso de non-pagamento, a razón dun día de prisión por cada dúas cotas diarias non satisfeitas (artigo 53 do Código penal), así como ó pago das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes prevíndolles que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Juan Serrano Iglesias, que se atopa en paradoiro descoñecido, e para á súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Carballo, trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado