Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2000 pola que se conceden as axudas para a realización de proxectos de investigación e as prórrogas de bolsas de predoutoramento correspondentes ó programa de estudios socioeconómicos e xurídicos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado nos anexos I e II da Orde do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 21 de febreiro).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de febreiro de 2000 (DOG do

21 de febreiro) aprobada as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación (anexo I) e para prórrogas de bolsas de predoutoramento (anexo II), do programa de estudios socioeconómicos e xurídicos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na base 6 dos anexos I e II da mencionada orde de convocatoria determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións para designar polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada polas citadas comisións,

RESOLVO:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación ás persoas que se relacinan no anexo I desta resolución na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concederlles prórroga da bolsa de nova adxudicación para a realización de tese de doutoramento durante o período do 1 de outubro de 2000 ó 30 de setembro do 2001 (ámbolos dous incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 8 de febreiro de 2000 (DOG do 21 de febreiro) suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 8-2-2000)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Investigador principal

Código

Título

Anos

1ª anualidade

(miles ptas.)

2ª anualidade

(miles ptas.)

3ª anualidade

(miles ptas.)

Total

(miles ptas.)

Persoal

Álvarez González, SantiagoPGIDT00SCX20201PRCooperación xudicial en materia civil en Europea. Perspectivas de futuro tra-lo tratado de Amsterdam.22.9005503.450NON

Caramés Viéitez, LuisPGIDT00SCX20101PRIncidencia da fiscalidade na localización internacional do capital: especial referencia a Galicia como destino ou orixe.23.8005004.300SI

Castro Cotón, ManuelPGIDT00SCX20102PRA situación das pequenas e medianas empresas galegas ante o novo milenio. As cinco claves da competitividade: financiamento, innovación, cooperación, ambiente e formación.35.2001.3859157.500NON

De Miguel Domínguez, José CarlosPGIDT00SCX20103PRAvaliación económica da formación continua, aplicación ó subsector conserveiro de Galicia.33.1005501003.750SI

Dopico Gutiérrez del Arroyo, FaustoPGIDT00SCX20104PRFecundidade, nupcialidade, mortalidade e familia no noroeste peninsular, 1960-1996.32.8007854154.000NON

Subproxectos:

Dopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto

Universidade de Santiago de Compostela

1.900

500

300

2.700

Losada Álvarez, Abel FermínUniversidade de Vigo900 285 115 1.300

García Hervás, Mª DoloresPGIDT00SCX20202PREstudio e actualización das titularidades inmobiliarias rexistrais que integran o patrimonio histórico cultural da igrexa na Comunidade Autónoma galega.33.3009709305.200SI

López Iglesias, EdelmiroPGIDT00SCX24201PRAs explotacións de vacún en Galicia: dinámica productiva e contribución á diversificación de rendas da política comunitaria de desenvolvemento rural.32.2005902603.050SI

Máiz Suárez, RamónPGIDT00SCX21301PRInstitucionalización e desenvolvemento autonómico en Galicia.34.7501.5858657.200NON

Martínez Barreiro, AnaPGIDT00SCX10201PRAvaliación da cultura corporativa das empresas do sector téxtil e da confección en Galicia.32.4005001003.000SI

Pedreira Andrade, Luis PedroPGIDT00SCX10001PRPeaxe óptima de conxestión para autoestradas: estudio das grandes áreas urbanas de Galicia.33.1009857154.800NON

Pita Grandal, Ana MaríaPGIDT00SCX38101PRPerspectivas de futuro do sistema financeiro galego: implicacións fiscais da fusión das caixas de aforro e do proceso de harmonización comunitaria.33.3008501504.300NON

Ponte Iglesias, María TeresaPGIDT00SCX20203PRA cooperación interrexional e o Mercosur: claves e perspectivas para Galicia.35.2001.3859157.500NON

Porto Castro, Ana MªPGIDT00SCX24101PREstudio e detección de necesidades orientadoras no ensino universitario.31.6004001002.100NON

Santos Rego, Miguel ÁngelPGIDT00SCX24102PRA inmigración nun país de emigrantes: o desafío da escola intercultural en Galicia.34.9501.4858657.300NON

Varela González, José AntonioPGIDT00SCX20105PRCultura, estratexia competitiva e sistemas de control.31.4003001001.800NON

ANEXO II

Pablo Grande SearaNIF: 44445823

Jesús López RodríguezNIF: 33330562