Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.202

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 21 de xullo de 2000 pola que se dispón que a secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais se encargue do despacho de asuntos da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular dese centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita unidade administrativa.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que figuran no Decreto 161/2000, do 29 de xuño, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas, temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular, á secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais