Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros na do 3 de xullo de 2000 (publicada no Diario Oficial de Galicia número 136, do 13 de xullo) e pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación, dun servicio para a migración do módulo de mantemento de entidades de tarxeta sanitaria a un contorno visual cliente-servidor. (S-247/2000).

Por Resolución do 3 de xullo de 2000, da División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde (DOG número 136, do xoves, 13 de xullo), anunciouse concurso polo procedemento aberto, para a

contratación dun servicio para o desenvolvemento do módulo de mantemento de explotacións das entidades sanitarias (S-247/2000).

Advertidos erros no texto do devandito anuncio, así como no punto 4 do prego de cláusulas administrativas particulares (follas de especificacións) que rexe para a contratación de referencia,

RESOLVO:

I. Face-las seguintes correccións:

a) No texto do anuncio:

Primeira.-Onde di: «... para a contratación dun servicio para o desenvolvemento do módulo de mantemento de explotacións das entidades sanitarias (S-247/2000)», debe decir: «...para a contratación dun servicio para a migración do módulo de mantemento de entidades de tarxeta sanitaria a un contorno visual cliente-servidor (S-247/2000)».

Segunda.-No punto 1, correspondente ó obxecto e orzamento, onde di: «...dun servicio para o desenvolvemento do módulo de mantemento de explotacións das entidades sanitarias, por un importe máximo de once millóns novecentas vinte mil pesetas (11.920.000 ptas., IVE incluído), equivalentes a 71.640,64 euros.», debe dicir: «...dun servicio para a contratación dun servicio para a migración do módulo de mantemento de entidades de tarxeta sanitaria a un contorno visual cliente-servidor, por un importe máximo de once millóns novecentas vinte mil ptas. (11.920.000 pesetas), IVE incluído, equivalentes a 71.640,64 euros».

b) No prego de cláusulas administrativas particulares:

No punto 4, que corresponde ó obxecto do contrato, onde di: «Desenvolvemento do módulo de mantemento de explotacións das entidades sanitarias. O proxecto abarca o deseño, a construcción e a implantación do sistema de información», debe dicir: «Servicio para a migración do módulo de mantemento de entidades de tarxeta sanitaria a un contorno visual cliente-servidor. O proxecto abarca o deseño, a construcción e a implantación do sistema de información».

II. O prazo para a presentación de ofertas para a realización da subministración de referencia (quince días naturais) computarase a partir do día seguinte á publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

III. A apertura de proposicións realizarase na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), ás 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día cadre en sábado ou festivo, a devandita apertura terá lugar no seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos