Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a realización dun contrato privado para a formalización dun seguro relativo ás gardas médicas do persoal estatutario facultativo dos hospitais do Servicio Galego de Saúde en situación de incapacidade transitoria. (S-285/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, teléfono: 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Categoría do contrato privado e descrición: categoría 6 a) nº de referencia CCP: 812 c.

Realización dun contrato privado para a formalización dun seguro relativo ás gardas médicas do persoal estatutario facultativo dos hospitais do Servicio Galego de Saúde en situación de incapacidade transitoria.

Orzamento total: cincuenta millóns de pesetas (50.000.000) IVE incluído.

3. a) Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación esixida: non se esixe clasificación.

Solvencia económica e técnica: acreditarase polos medios establecidos nas letras a) e c) do artigo 16 e nas letras a) e b) do artigo 19 do R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, por lo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo contrato: desde as 0 horas do día en que se formalice o contrato ata as 24 horas do 31 de decembro de 2000.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: os indicados no punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude:

9. a) Data límite de recepción das ofertas:

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no enderezo indicado no punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte) a partir das 9.30 horas do quinto día natural contados desde o seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposiciones económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver cláusula 6.2 do prego.

16. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

17. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos