Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario no porto de Ribeira con destino a nave para actividades portuarias. (Expediente 12-48-00-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave: 12-48-00-C-01.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para a tramitación dunha

concesión de ocupación de dominio público portuario con destino a nave para actividades portuarias.

b) Lugar da concesión: Ribeira (A Coruña).

c) Prazo da concesión: quince (15) anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases do concurso.

5. Garantías.

Provisional: o 2 por 100 do orzamento total das obras.

Definitiva: a especificada no prego de bases do concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do cuadraxésimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases do concurso.

c) Lugar da presentación.

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de

que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia