Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de xuño de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Pereira e outros pertencentes ó lugar de Ermelo do concello de Bueu.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 3 de novembro de 1997, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Bueu.

Lugar: Ermelo.

Nome do monte: Paralaia.

Cabida: 11,9 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de José Freire e Manuel Ave Loveira.

Sur: propiedades particulares de Camilo Ave Cerviño, Marcial Diz Franco e Benito Ave Cerviño.

Leste: límite co concello de Moaña.

Oeste: pista forestal, propiedades particulares de Manuel Paredes Cruz, irmáns de Ricardo Soage, Salvador Pena Santos, Tomás García Parada, Manuel Díaz Amoedo, Salvador Souto, José Freire, Benito Carrera e camiño veciñal.

Descrición: monte onde predomina o toxo, con algunhas pequenas matas de carballo no linde cos predios particulares. Pódese observar que hai pastoreo e esquilme na zona por parte duns 21 veciños do lugar.

Nome do monte: Esculca.

Cabida: 2,2 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Benito Santos, Rita Vilas Santos, Manuel Vilas, Peregrina Campelo, Carmen Carballo Agulla.

Sur: propiedad particular de Manuel Paredes Cruz.

Leste: camiño veciñal e propiedades particulares de Peregrina Santos Juncal, Manuel Cruz Portela, Isolina Cruz Portela.

Oeste: propiedades particulares de Adolfo Piñeiro Martínez, José Otero, Juan Barreiro, Antonio Estévez Martínez, Severino Miranda.

Descrición: zona frecuentada polos turistas debido ás súas vistas panorámicas. Atópase poboada de toxos e nalgunhas zonas obsérvase pastoreo por parte dos veciños do lugar.

Nome do monte: Monte Pereira.

Cabida: 1,2 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Benito Otero Miranda, irmáns de José Loira Fazanes, Dolores Santos Juncal, Rita Vilas Santos.

Sur: propiedades particulares de Guillermo Juncal Corredoira, Manuel Pousada Currás, Amelia Fazanes Juncal.

Leste: propiedades particulares de Celestino Gallego Paz, Benito Santos, José Costas Riobó, Tomás García Parada.

Oeste: camiño veciñal e propiedades particulares de Amelia Fazanes Juncal.

Descrición: parcela de gran valor por estar repoboada na súa totalidade por Quercus Robur dunha idade entre 6 e 14 anos; obsérvase un aproveitamento de leñas e esquilme por parte da xente do lugar.

Nome do monte: Monte da Serra.

Cabida: 1,3 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Manuel Paredes Cruz, José Otero.

Sur: límite co concello de Cangas.

Leste: propiedades particulares de Manuel Paredes Cruz, José Germade, Antonio Antepazo Jalda.

Oeste: camiño veciñal e propiedades particulares de Antonio Portela Lorenzo, Manuel Paredes Cruz e Manuel Cruz Portela.

Descrición: pódense atopar algunhos pés de Quercus Robur e Pinus Pinaster moi diseminados, como especie arbustiva predomina o toxo, podéndose observar pastoreo e esquilme por parte dos veciños.

Nome do monte: Pouso das Cruces.

Cabida: 0,7 ha.

Lindes:

Norte: camiño veciñal e propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Leste: límite co concello de Moaña.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición: na actualidade non existe, xa que se atopa apropiada polos colindantes.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 28 de xuño de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra. Presidente

do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man

Común de Pontevedra