Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se someten a información pública os expedientes de modificación (ampliación) dos coutos de pesca de Cecebre e de Betanzos, e o expediente de creación do couto de pesca de Ponte Maceira.

Para os efectos previstos no artigo 15.3º do vixente Regulamento de pesca fluvial e ordenación dos ecosistemas acuáticos, sométense a información pública os expedientes de modificación (ampliación) e nova creación dos coutos de pesca que se citan:

Couto de pesca de Cecebre.

Concellos afectados pola ampliación: Abegondo, Betanzos e Cambre.

Couto de pesca de Betanzos.

Concellos afectados pola ampliación: Aranga e Irixoa.

Couto de pesca de Ponte Maceira.

Concellos afectados pola creación: A Baña, Ames e Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consuta-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial no prazo de quince días contados a partir da publicación do presente anuncio.

A Coruña, 20 de xuño de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña