Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se ordena a incorporación ó período de actividade da prestación social a determinados obxectores de conciencia.

Intentado, sen resultado, o trámite de incorporación ordinaria ós obxectores de conciencia que figuran no anexo, e para os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícase a seguinte resolución:

A Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade coa Orde do 6 de setembro pola que se desenvolve o exercicio das competencias en materia de prestación social substitutoria, acordou a súa adscrición para realiza-lo período de actividade. En consecuencia, debe incorporarse na data, entidade e destino que se relaciona no anexo.

Se por enfermidade non pode incorporarse no día sinalado, deberá poñelo en coñecemento do responsable da súa entidade de destino, achegando un certificado médico e sucesivos partes de baixa por todo o período en que persista a situación de enfermidade. Así que reciba a alta médica deberá incorporarse

de inmediato, salvo no caso en que a súa enfermidade se prolongue por máis de tres meses contados desde a data de incorporación inicial ordenada. Neste caso, non pode xa incorporarse á entidade asignada e deberá remiti-lo informe ou parte de alta a esta delegación, para que lle sexa asignado un novo posto de destino.

Á vista da documentación médica achegada, a delegación, en calquera momento, poderá acordar que lle sexa practicado un recoñecemento médico.

O atraso na presentación, sen causa suficiente, sancionarase conforme o disposto nos artigos 17 e 18 da Lei 22/1998, do 6 de xullo (BOE do 7 de xullo), que tipifican as infraccións en materia da prestación social substitutoria e as sancións correspondentes a elas. No caso de non incorporación poderá incorrerse en responsabilidade penal, de acordo co establecido no artigo 527 da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal, segundo redacción do artigo 1 da Lei orgánica 7/1998, do 5 de outubro (BOE do 6 de outubro).

Para calquera aclaración, poderá dirixirse á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Camiño Vello Prado-Lonia, s/n, teléfono 988 38 62 15).

Fronte a esta resolución, pode interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á recepción desta notificación.

O escrito de recurso, que expresará a razón en que se fundamente, poderá dirixirse a esta delegación provincial ou á Consellería de Xustiza, Inte

rior e Relacións Laborais. A interposición de recurso ou outro tipo de alegacións ou reclamación non suspende a orde de incorporación.

Ourense, 10 de xullo de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Apelidos e nomeExpedienteEntidade e programaDNIData

incorp.

Alox/

Manut

Dacosta Álvarez Apolonio199900014232 0111B 0026

Delegación de Xustiza, Interior e RR.LL.

Camiño Vello Prado-Lonia, s/n. Ourense.

44.476.69826-9-200000

Domínguez Álvarez Manuel Mateo199814529632 0111B 0026

Delegación de Xustiza, Interior e RR.LL.

Camiño Vello Prado-Lonia, s/n. Ourense

34.989.79726-9-200000

Freire Villamarín Manuel199809608532 0111B 0026

Delegación de Xustiza, Interior e RR.LL.

Camiño Vello Prado-Lonia, s/n. Ourense.

76.748.01326-9-200000

Grande Muñoz Manuel Ramón199812472032 0111B 0026

Delegación de Xustiza, Interior e RR.LL.

Camiño Vello Prado-Lonia, s/n. Ourense.

44.465.04826-9-200000

Patiño Vázquez Fernando950/0070732 0111B 0026

Delegación de Xustiza, Interior e RR.LL.

Camiño Vello Prado-Lonia, s/n. Ourense.

32.680.08326-9-200000