Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-5/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 7 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para o reaxuste de aliñacións no lugar de Someso-Birloque, presentado por Construcciones y Promociones Riazor, S.A.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicacion deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na avenida da Mariña, 18, en horario laboral de 11 a 13 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán aboados por Construccións e Promocións Riazor, S.A.

A Coruña, 12 de xullo de 2000.

O alcalde

P.D.

Rubricado