Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/123-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Arnela.

Situación: Sada.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 1.705 m de lonxitude, con orixe na liña aérea que alimenta o C.T. Souto (expediente 34954) e final no C.T.C. Arnela, para instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Arnela, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.350 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Espiñeiro, Os Agrelos e Pazos Loureiro. Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña