Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.181

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (19/2000-4).

Eu, Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos procedemento abreviado número 19/2000-4, notifícase a María Genoveva Fernández Piñeiro a providencia dictada neles, na que o encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Auto.

Na Coruña o 15 de xuño de 2000.

Antecedentes de feito.

1. Promovéronse as presentes actuacións -por demais constitutivas de autos número 19/2000-4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un desta capital, por María Genoveva Fernández Piñeiro en calidade de parte recorrente contra aquela precedente Resolución do 17 de novembro de 1999 dictada polo xefe do Servicio da Tesourería do Concello da Coruña e que agora consta desde logo referenciada en autos pola que se acordou o embargo das contas correntes e de aforro da recorrente anteriormente sinalada.

2. En calquera caso, a dita referida parte recorrente omitiu realizar ó promove-las presentes actuacións a correspondente comparecencia, de forma que se dictou aquel precedente provido que agora consta nelas, outorgándoselle aquel ulterior e correspondente prazo de corrección polo termo de dez (10) días para o efecto legalmente establecido e baixo expresa advertencia, no caso de persistir aquela referida omisión unha vez excedido, de arquivo por caducidade desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa outrora para o efecto promovida.

3. Consta pois agora en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado pola que se acredita o transcurso daquel referido prazo anteriormente aludido, sen que desde logo fose corrixida por aquela parte promovente aquela omisión antes referenciada.

Fundamentos xurídicos.

1. O artigo 45.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, establece que o xulgado examinará de oficio a validez da comparecencia tan pronto como se presentase o escrito de interposición. Se con este non se xuntan os documentos expresados no punto anterior ou os presentados son incompletos e, en xeral, sempre que o xulgado estime que non concorren os requisitos esixidos por esta lei para a validez da comparecencia, requirirá inmediatamente a corrección deles, sinalando un prazo de dez días

para que o recorrente poida levala a efecto e, se non o fai, ordenarase o arquivo das actuacións.

2. Por outra parte, o artigo 78.2º e 23 daquela referida Lei 29/1998, do 13 de xullo, -no que toca precisamente a tramitación daquela específica vía procedemental característica do procedemento abreviado agora para o efecto aplicable-, prescribe tanto que o recurso iniciarase por demanda -non por mero escrito interpositorio-, á que se lle xuntará o documento ou documentos nos que o actor funde o seu dereito e aqueles previstos no artigo 45.2º de igual referida norma legal contencioso-administrativa, como que o procedemento abreviado, no non disposto neste capítulo -onde se regula o seu específico trámite procedemental-, rexerase polas normas xerais da presente lei.

3. Ademais, o artigo 138.2º e 3º da igual Lei 29/1998, do 13 de xullo, establece que cando o órgano xurisdiccional, de oficio, aprecie a existencia dalgún defecto corrixible, dictará providencia no que o reseñe e outorgue o mencionado prazo para a corrección, con suspensión, se é o caso, do fixado para dictar sentencia, polo que só cando o defecto sexa irremendable ou non se emende debidamente no prazo, poderá decidirse o recurso con fundamento en tal defecto.

4. Pois ben, o artigo 45.3º da dita vixente norma legal contencioso-administrativa prescribe a comparecencia ante o correspondente órgano xudicial desta específica orde xurisdiccional como a única pauta procesual interpositoria -ben mediante mero escrito interpositorio no caso do procedemento ordinario ou a través da interposición directa de demanda no procedemento abreviado que agora nos ocupa-, desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa, compeléndose inclusive ex lege -segundo se desprende da súa literal redacción legal-, ó órgano xurisdiccional unipersoal ou colexiado a que examine ex oficio a súa validez.

5. Pois ben, pese a que se dictou outrora aquela providencia que corre agora unida a estas actuacións pola que se lle outorgou a aquela contraparte actora previo e específico prazo de corrección para que emendase aquela inicial omisión de comparecencia neste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un aquí sito co fin de proceder así a levantar ulterior dilixencia acreditativa ó respecto, notificándoselle desde logo o dito extremo na data 1 de xuño de 2000 segundo se colixe do contido destes autos, persiste semellante omisión procesual pola súa parte, de forma que tendo en conta que semellante omisivo extremo non fose corrixido ata a data pese a aquel expreso e sanatorio prazo outrora para o efecto outorgado.

Vistos: os artigos citados e demais de pertinente e xeral aplicación.

Acórdase: declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido por aquela parte recorrente antes aludida.

Notifíquese a presente resolución ás correspondentes partes comparecidas e signifíqueselle-lo dereito que os asiste de interpoñeren eventual recurso de apelación no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte á súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Justicia de Galicia igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña José Manuel Ramírez Sineiro».

E para que sirva de notificación á demandada María-Genoveva Fernández Piñeiro en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 15 de xuño de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario