Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/124-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Ervedíns.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 555 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T.C. Loureda-Ervedíns (expediente 7203) e final no C.T.C. Ervedíns, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 160 kVA e tensións de 150/0,380-0,220 kV, en Ervedíns, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 80 m de lonxitude que conectará coa rede existente. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña