Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.165

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de xullo de 2000 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio á Comunidade Autónoma.

A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, reformada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo, do Sergas establece no seu artigo 4 d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 291/1993, do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Sergas, de servicios de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 7 de setembro de 1999, publicada no DOG nº 181, do 17 de setembro de 1999, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria con

certada polo Sergas, con efectos do 1 de xaneiro de 1999.

Nembargantes, tendo en conta a evolución do índice de prezos de 1999, as previsións para o ano 2000 e as tendencias dos custos da asistencia sanitaria, resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como as tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios en réxime de asistencia sanitaria concertada.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Tarifas máximas.

As tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para o ano 2000 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes serán as que se especifican nos puntos seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (ptas.)

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (ptas.)

Tarifas médicos

Sergas (euros).

G.INI2,93.68722,1592.65715,968
NII2,94.67428,0903.64521,905
NIII2,95.55733,3964.55127,354

G.IINI2,94.85329,1663.81222,913
NII2,96.67340,1065.63933,891
NIII2,910.36462,2899.37456,340

G.IIINI2,95.85935,2144.84629,122
NII2,98.60051,6897.62245,808

G.IVNIA2,910.05060,4039.01154,157
NIB2,97.72046,3956.69740,248
NII2,910.73364,5109.72258,430
NIII2,910.73364,5109.72258,430

G.VNI2,99.00854,1388.07148,511
NII2,910.01460,1879.08454,596
NIII2,913.63881,96812.68676,241

G.VINI2,98.13948,9197.18843,198
NII2,911.62969,89010.70964,361
NIII2,913.63181,92512.71276,402

G.VIINI2,917.015102,25916.07896,631
NII2,920.802125,02419.878119,741
NIII2,926.292158,01825.351152,365

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde que non estean asimilados ós grupos e niveis anteriormente indicados incrementaranse nun 2,9 por 100.

2. Asistencia ambulatoria.

2.1. Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (ptas.)

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (ptas.)

Tarifas médicos

Sergas (euros).

G.INI2,93.19019,1721.5959,586
NII2,93.19019,1721.5959,586
NIII2,93.19019,1721.5959,586

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (ptas.)

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (ptas.)

Tarifas médicos

Sergas (euros).

G.IINI2,93.19019,1721.5959,586
NII2,93.19019,1721.5959,586
NIII2,94.77628,7021.70110,223

G.IIINI2,93.19019,1721.5959,586
NII2,94.02124,1691.70110,223

G.IVNIA2,94.54127,2922.33914,057
NIB2,93.48920,9712.33914,057
NII2,94.93929,6852.97717,892
NIII2,94.91029,5122.97717,892

G.VNI2,94.24125,4862.97717,892
NII2,94.71428,3312.97717,892
NIII2,96.39038,4053.40320,452

G.VINI2,94.71428,3313.03018,213
NII2,95.47232,8893.08318,529
NIII2,96.41838,5723.29619,809

G.VIINI2,98.01448,1643.50921,089
NII2,99.70358,3193.72222,369
NIII2,912.00872,1724.04024,280

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

2.2. Consultas sucesivas e revisións:

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (ptas.)

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (ptas.)

Tarifas médicos

Sergas (euros).

G.INI2,91.5959,5867974,793
NII2,91.5959,5867974,793
NIII2,91.5959,5867974,793

G.IINI2,91.5959,5867974,793
NII2,91.5959,5867974,793
NIII2,92.38814,3548505,108

G.IIINI2,91.5959,5867974,793
NII2,92.01112,0848505,108

G.IVNIA2,92.27113,6491.1707,032
NIB2,91.74410,4831.1707,032
NII2,92.47014,8431.4898,949
NIII2,92.45514,7561.4898,949

G.VNI2,92.12012,7401.4898,949
NII2,92.35714,1681.4898,949
NIII2,93.19519,2031.70110,223

G.VINI2,92.35714,1681.5159,103
NII2,92.73716,4511.5429,270
NIII2,93.20819,2831.6479,901

G.VIINI2,94.00824,0881.75410,544
NII2,94.85329,1661.86011,181
NIII2,96.00436,0862.02012,140

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que superen as tarifas máximas fixadas para o ano 2000, non sufrirán ningún incremento.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que non acaden os topes sinalados para o ano 2000 revisaranse coa porcentaxe de aumento correspondente ó grupo e nivel do centro, sempre que non superen as tarifas máximas de consultas sucesivas fixadas para o ano 2000.

3. Servicios especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

3.1. Tratamento domiciliario da síndrome de apnea do sono e insuficiencias respiratorias.

Tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. CPAP

2. BIPAP espontánea (dobre presión)

3. BIPAP controlada (dobre presión)

4. Respirador volumétrico

5. Monitor de apnea

-14,89-14,98-15,02-15,00-14,99343

505

888

1.955

550

2,061

3,035

5,337

11,750

3,306

3.2. Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

Tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Osixenoterapia con concentradores

2. Osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno

3. Osíxeno líquido

-25,44-25,14-17,23425

399

1.105

2,554

2,398

6,641

O Sergas aboará ós pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 2.532 ptas. (15,218 euros) por mes de tratamento. A citada cantidade poderase aboar directamente ó paciente ou ben á empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ó paciente, na facturación mensual presentada por aquela.

O número de pacientes con tratamento de osíxeno líquido non poderá exceder do 7 por 100 do número total de pacientes de cada concerto. O exceso sobre esta porcentaxe facturarase ó prezo fixado para pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno.

3.3. Aerosolterapia e ventiloterapia.

Tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Tratamento individualizado de aerosolterapia e ventiloterapia-15,061861,118
2. Tratamento individualizado de aerosolterapia con alto fluxo-15,002721,635

3.4. A revisión de tarifas dos concertos de osixenoterapia domiciliaria, recollidos nos puntos 3.1, 3.2 e 3.3, farase con efectos desde o día 1 de xaneiro de 2000 ata a data de entrada en vigor dos novos contratos. A partir desa data, a dirección provincial correspondente só aboará as tarifas correspondentes ós servicios recollidos nos ditos contratos.

3.5. Rehabilitación.

Tarifas máximas para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria2,913.00778,174
2. Por cada sesión deste tratamento2,95213,131

3.6. Fisioterapia e logopedia.

Tarifas máximas para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria2,915.15391,071
2. Por cada sesión deste tratamento2,96023,618

3.7. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Tarifas máximas para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría2,928.320170,207
2. Por cada sesión deste tratamento2,91.1346,815

3.8. Hemodiálise por sesión.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. En centros hospitalarios2,919.925119.752
2. Nun club de diálise2,919.291115,941
3. En centros satélites con persoal sanitario do Servicio Galego de Saúde2,915.35992,309
4. En centro satélite con persoal sanitario da empresa concertada2,918.263109,763
5. No domicilio do paciente con máquina.2,916.974102,016
6. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise2,916.974102,016

3.9. Hemodiálise por día.

Tarifas máximas por día de tratamento para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC)

2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora

3. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora baixo volume (<15 l./día)

2,9

2,9

2,9

6.336

11.086

8.901

38,080

66,628

53,496

4. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise2,96.24837,551
5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático2,97.81546,969

3.10. Suplemento de diálise.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:
a) Hemodiálise no domicilio do paciente con máquina

b) Resto de hemodiálise

2. Suplemento por diálise peritoneal ambulatoria con solución de poliglucosa

2,9

2,9

2,9

2.383

1.284

947

14,322

7,500

5,692

Co obxecto da facturación e aboamento dos servicios de hemodiálise a domicilio, diálise peritoneal ambulatoria continua e diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático, as tarifas establecidas no punto anterior para estas prestacións diferenciaranse,

dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación:

Ptas.Euros

1. Hemodiálise a domicilio con máquina:
-Material funxible-Material fixo

2. Diálise ambulatoria continua:-Material funxible

3. Diálise a domicilio con ciclador:-Material funxible-Material fixo

4. Diálise a domicilio con ciclador baixo volume (<15 l/día):-Material funxible-Material fixo

5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático:-Material funxible-Material fixo

7.123

9.852

6.336

8.795

2.292

7.121

1.780

6.673

1.142

42,810

59,212

38,080

52,859

13,775

42,798

10,698

40,106

6,864

Con independencia da tarifa fixada no punto 3.8, punto 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina aboarase á empresa concertada a cantidade, de pagamento único, de 269.100 ptas. (1.617,324 euros) en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles pacientes que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servicios de diálise peritoneal ambulatoria prestados no domicilio do paciente a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no punto 3.9, en concepto de pagamento único pola formación e adestramento do paciente nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o paciente logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 48.438 ptas. (291,119 euros), que se aboarán na facturación do mes seguinte ó do inicio do tratamento.

Así mesmo na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 780 ptas. (4,688 euros) por sesión.

O Sergas aboaralle ó paciente por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina a cantidade de 755 ptas. (4,538 euros) por sesión como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboándose ó paciente, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 2.070 ptas. (12,441 euros) mensuais por gastos de electricidade.

3.11. Exploracións mediante tac-scanner.

Tarifas máximas por exploración para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

Por cada exploración con ou sen contraste-14.50087,147

3.12. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

Tarifas máximas por exploración para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

1. Por cada estudio simple

2. Por cada estudio dobre

3. Por cada estudio vascular

4. Plus de anestesia

5. Plus de contraste

-----27.000

39.000

39.000

15.000

8.000

162,274

234,395

234,395

90,152

48,081

3.13. Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá tódalas probas e tratamentos precisos para a xeración de órganos e tecidos.

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

Doador efectivo2,9897.4905.394,024

4. Actualización dos prezos dos concertos vixentes.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde para a realización de servicios especiais de diagnóstico e tratamento, incrementaranse, manteranse ou diminuiranse en cada caso nas porcentaxes e contías establecidas en cada un dos puntos anteriores sempre que non superen as tarifas máximas fixadas para o ano 2000, de conformidade co previsto no artigo 5 da presente orde.

Estas actualizacións de tarifas non serán aplicables se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

Os prezos dos concertos vixentes para as distintas prestacións dos servicios de diagnóstico e tratamento non incluídos nos puntos anteriores non se incrementarán no ano 2000.

5. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

5.1. Litotricia renal extracorpórea.

Tarifas máximas por tratamento completo para o ano 2000.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.Euros

Litotricia renal extracorpórea2,9138.915834,896

5.2. Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

Tarifas máximas por procedemento para o ano 2000.

ProcesosTarifas médicos

propios (ptas.)

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (ptas.)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

Extracción de cataratas102.863618,21993.172559,975

Colecistectomía205.7261.236,438186.3341.119,890

Hallux Valgus:-Unilateral-Bilateral

92.576

124.509

556,393

748,314

83.855

102.077

503,979

613,495

Hemorroides82.289494,56774.538447,982

Hernia inguinal unilateral103.200620,24485.656514,803

Hernia inguinal bilateral160.935967,239133.576802,808

Hernia abdominal102.863618,21993.172559,975

Cosartrose (artoplastia total

cadeira)

462.8822.781,977419.2742.519,887

Artroscopia diagnóstica68.801413,50257.105343,208

Artroscopia terapéutica145.212872,742120.527724,382

Ligadura e extirpación de veas

varicosas:-Unilaterais-Bilaterais

102.863

144.007

618,219

865,500

93.172

124.509

559,975

748,314

Fisura e fístula anal (incisión

ou escisión)

82.289494,56774.538447,982

Síndrome do túnel carpiano82.289494,56774.538447,982

Dupuytren82.289494,56774.538447,982

Hidrocele82.289494,56772.596436,311

Ligadura de trompas56.595340,14346.974282,319

5.3. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos ós sinalados nos puntos anteriores de xeito individualizado ós centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

5.4. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

5.5. Nos concertos nos que estean incluídos os procesos médicos ou cirúrxicos diferenciados e teñan prevista cláusula de revisión de prezos, a contía individual de cada proceso poderá ser incrementada na porcentaxe máxima do 2,9 por 100, sempre que non superen os topes establecidos na orde.

5.6. A inclusión no concerto dalgún dos procedementos cirúrxicos requirirá, en todo caso, que o centro se atope cualificado, de forma provisional ou definitiva, entre os grupos IV ó VII dos establecidos no anexo I da resolución da Secretaría de Estado para a Sanidade do 11 de abril de 1980.

Artigo 2º.-Concertos singulares.

1. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la subscrición de concertos singulares distintos ós referidos no punto 2.1 da circular nº 1 conxunta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, Secretaría Xeral e Dirección Xeral de Atención Especializada sobre procedemento de concertos de asistencia sanitaria.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, podendo determinarse baixo a modalidade de unidades de producción hospitalaria (UPHs), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para o ano 2000, na que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 3º.-Delegación.

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para o asinamento dos concertos individuais que sexan precisos de:

-Monitorizacións e terapias domiciliarias relacionadas con actividade respiratoria.

-Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

-Hemodiálise e diálise domiciliaria.

Sen prexuízo das instruccións que ó respecto dicte a División de Recursos Económicos e sen que en

ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 4º.-Contratos marco.

Para efectos do previsto no artigo 159.2º f) do texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, os concertos singulares regulados no artigo 2º da presente orde terán a consideración de contrato marco en relación cos servicios establecidos no artigo 1º, puntos 3.11, 3.12 e 5, sempre que as ditas prestacións figuren na carteira de servicios do centro concertado.

Os contratos-programa anuais dos concertos substitutorios, así como as cláusulas adicionais dos restantes concertos singulares que se subscriban a partir da entrada en vigor desta orde recollerán o carácter do contrato marco deles.

Constituirán condicións técnico-económicas, de carácter marco, para a contratación das prestacións recollidas no artigo 1º, puntos 3.11, 3.12 e 5 desta orde, as establecidas no propio concerto singular, se as houbese, as que determine especificamente o Sergas ou, no seu defecto, as xerais establecidas na presente orde.

Artigo 5º.-Normas de procedemento.

1. A revisión das tarifas dos concertos vixentes a 31 de decembro de 1999 realizarase automaticamente polo Sergas, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2000. Para os concertos subscritos con posterioridade ó 31 de decembro 1999 a aplicación da revisión das tarifas será desde a data da súa formalización, agás que nas súas estipulacións se recolla outra cousa.

Nos concertos en vigor que inclúan prestacións, nas cales as súas tarifas para o ano 2000 sexan inferiores ás determinadas para 1999, a regularización que resulte pertinente efectuarase na facturación correspondente ó mes seguinte ó da entrada en vigor desta orde.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autorizen serán as incluídas nela.

2. Para axiliza-la aplicación desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1. Con independencia do procedemento de revisión previsto no artigo 2º para os concertos singulares, os directores provinciais do Sergas, no prazo máximo dun mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia, por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións

ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira dereito ó incremento.

O contido desa nota dilixencia comunicarase por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada á que se lle dá un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

2.2. Se transcorrido o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibise escrito de conformidade desta, o director provincial remitirá a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución que eleve a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á secretaría xeral, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos.

2.3. Se durante o prazo de vinte días se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á División de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 6º.-Unidades de control.

As unidades de control de concertos das direccións provinciais velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos pacientes da Seguridade Social.

Artigo 7º.-Aplicación.

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 2000 á que se refire o artigo 5º non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas que a tarifa aplicable será a expresamente aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nela.

Artigo 8º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos puntos anteriores considéranse incluídos tódolos impostos, taxas e demais cargas legais e especificamente o imposto sobre o valor engadido (IVE), dos servicios gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral e o director xeral da División de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais