Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de xuño de 2000, conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se adxudican as bolsas para a formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias, convocadas no anexo V da Orde do 14 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 25 de abril).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 130, do mércores 5 de xullo de 2000, é necesario face-la oportuna corrección

Na páxina 10.488, artigo 1º, na relación de bolseiros seleccionados e suplentes, onde di: «Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Titular: Domínguez Piñeiro, Eva Mª.

Suplente: González, Martínez, Juan Carlos.

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Titular: Aguión Sandá, Mª de los Ángeles.

Suplente: Gancedo Muriente Nuria», debe dicir: «Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Titular: Aguión Sandá, Mª de los Ángeles.

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Titular: Domínguez Piñeiro, Eva Mª.

Suplentes:

1. González Martínez, Juan Carlos.

2. Gancedo Muriente, Nuria».