Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de xuño de 2000 pola que se integran o colexio de educación especial número 1 de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) e o colexio de educación especial número 2 de Lugo, no colexio de educación especial Santa María de Lugo.

Examinado o expediente iniciado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, polo que se pretende a integración do colexio de educación especial número 1 (código 27001774) de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) e o colexio de educación especial número 2 (código 27006206) de Lugo, no colexio de educación especial Santa María (código 27014057) de Lugo, esta consellería, en virtude do establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23) en harmonía co disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, polo que corresponden as competencias en materias de planificación, regulación e administración do ensino regrado, á vista dos correspondentes informes e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Integra-lo colexio de educación especial número 1 de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) e o colexio de educación especial número 2 de Lugo, no colexio de educación especial Santa María de Lugo.

Segundo.-Establece-lo número de unidades e postos de traballo do colexio de educación especial Santa María de Lugo, de acordo cos datos que figuran no anexo da presente orde.

Terceiro.-Como consecuencia da dita integración, o colexio de educación especial número 1 (código 27001774) de Ribeiras de Lea e o colexio de educación especial número 2 de Lugo (código 27006206) suprímense como tales. Ós mestres afectados recoñécenselle-los dereitos da Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer

recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Centro: colexio de educación especial Santa María.

Código do centro: 27014057.

Unidades.

Educación especial: 17.

Postos de traballo: 8 pedagoxía terapéutica, 9 de audición e linguaxe e 1 de educación física. Total postos de traballo: 18.