Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da subestación dos parques eólicos de Muras I e II, no concello de Muras (Lugo). (Expediente 4/2000).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Sistemas Energéticos Muras, S.A., con domicilio para efectos de notificación en avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A; 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes,

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 13 de decembro de 1999, Sistemas Energéticos Muras, S.A. (Semu) solicita a autorización administrativa da subestación parques eólicos Muras I e II (modificación do proxecto parque eólico Muras) e a aprobación do seu proxecto de execución.

Acompaña a dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na dis

posición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Subestación transformadora 20/132 kV de dúas posicións para a evacuación da enerxía producida nos parques eólicos de Muras I e Muras II, composta por dous transformadores principais 20/132 kV de 30 mVA de potencia nominal cada un e un transformador para servicios auxiliares 20/0,42-0,24 kV de 50 kVA de potencia nominal unitaria, cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Segundo.-O citado proxecto someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 28 de febreiro de 2000, publicándose no DOG do 30 de marzo e no BOP de Lugo do 31-3-2000.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966.

RESOLVE:

-Autoriza-la subestación dos parques eólicos de Muras I e II.

-Aproba-lo proxecto de execución da citada subestación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria