Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/99-2, 5439 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Santalla.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 406 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.415 m de lonxitude sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 9 de xuño de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo