Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: BEGASA
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación no Igrexario (Vilapedre).
Situación: Vilalba.
Descricións técnicas: liña de media tensión a centro de transformación O Igrexario en conductor LA-56 de 868 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.500 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 7 de xuño de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo