Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/101-2, 5440 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Vilapedre.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liña de media tensión a centro de transformación de lombo de 71 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 2.820 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de xuño de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo