Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.116

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Butavigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Butavigo, S.A., con nº de código 3601472,

que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de presoal, en data 1-4-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo ano 1999. Butavigo, S.A.

Artigo 1º

O presente convenio afecta á empresa Butavigo, S.A. dedicada á distribución e venda de gas butano e propano envasado. A dita empresa está rexida pola ordenanza laboral para as axencias distribuidoras de gas butano, aprobada pola orde ministerial do 29 de xullo de 1974.

Artigo 2º

As normas establecidas no presente convenio inclúen a totalidade do persoal ocupado pola empresa afectada, así como o persoal de novo ingreso durante a súa vixencia. O persoal que finalice o contrato antes da sinatura da nova táboa salarial terá dereito a percibi-los atrasos dos meses traballados.

Artigo 3º

O presente convenio, que terá unha duración de dous anos, entra en vigor o 31 de agosto de 1999, finalizando os seus efectos o 31 de agosto de 2001. A táboa salarial adxunta ten efecto desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999. A táboa salarial de 2000 negociarase de xaneiro a agosto de 2000 e terá efectos retroactivos desde o 1 de marzo de 2000.

Artigo 4º

A denuncia do convenio levarase a cabo por escrito, de acordo coa lexislación vixente, cunha ante

lación dun mes á terminación dos seus efectos. De non ser denunciado na forma establecida no convenio, entenderase prorrogable por anualidades.

Artigo 5º

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible. Para efectos da súa aplicación consideraranse globalmente.

Artigo 6º

As retribucións que se aplicarán durante a vixencia do presente convenio, son as mesmas que aparecen na táboa salarial anexa.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teñan os traballadores concedidas pola empresa por pacto ou costume.

Artigo 8º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas no convenio consideradas en conxunto, poderán compensarse nas xa existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a orixe delas; así mesmo, poderán absorberse outras concesións fixadas por disposición legal.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Cada traballador percibirá un 3% do salario por cada tres anos de servicios prestados á empresa. O período de aprendizaxe computarase para efectos dos aumentos económicos por antigüidade.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán unha gratificación extra de Nadal e outra de xullo cada ano, sendo cada unha delas equivalentes ó salario base establecido por cada categoría, máis antigüidade que corresponda, máis complemento de transporte.

Artigo 11º.-Participación en beneficios.

A tódolos traballadores concederáselles unha paga anual de beneficios por unha cantidade equivalente ó salario base, máis antigüidade, máis complemento de transporte.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir un complemento en concepto de transporte de 438 ptas. por cada día efectivamente traballado.

Artigo 13º

A empresa comprométese a facer unha póliza por accidentes laborais, que chegará en caso de morte a tres millóns de ptas. e no caso de grande invalidez, ata catro millóns de ptas. O prazo para contratar esta póliza será de trinta días.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán cada un de trinta días naturais de vacacións rotativas e consecutivas entre os meses de maio

a outubro. Os días de Noiteboa, Fin de Ano, e véspera de Reis a xornada será de 7 a 15 horas.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O traballador logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos seguintes:

-15 días en caso de matrimonio.

-2 días nos casos de nacemento de fillos, enfermidade grave o falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite un desprazamento, o prazo será de 4 días.

-1 día por traslado de domicilio actual.

-Polo tempo necesario por incumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

-Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal nos termos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º

Establécese unha xornada de 1.800 horas equivalente ó cómputo semanal de 40 horas. A dita xornada distribuiranse de luns a venres. A xornada continuada establécese desde o 1 de xuño ó 30 de setembro, ambos inclusive. A dita xornada será de 7 a 15 horas.

Artigo 17º

No caso de baixa producida por incapacidade laboral transitoria, a empresa aboará o importe íntegro da retribución, incluída antigüidade e complemento de transporte, a partir dos 15 días da baixa, e desde o primeiro día se houbese internamento.

Artigo 18º

As horas extraordinarias serán reflectidas na folla salarial como horas extraordinarias, sendo do 150% en días laborables, e do 300% se houbese que traballar sábados, domingos e festivos.

Artigo 19º

No caso de ter que desprazarse en coche propio por encargo da empresa, aboarase a 24 ptas., por km.

Artigo 20º

Tódolos traballadores terán dereito a roupa e calzado necesario durante todo o ano, segundo traballo.

Artigo 21º

A empresa fará unha revisión médica cada ano a tódolos traballadores.

Artigo 22º

No caso de desprazamento fóra da cidade, aboarase axuda de custo, segundo factura.

Artigo 23º

Auga corrente potable, que se instalará coa maior brevidade posible.

Artigo 24º

Aqueles traballadores, maiores de 64 anos, con antigüidade na empresa superior a 10 anos que cau

sen baixa voluntaria nela, terán dereito a desfrutar un mes de vacacións retribuídas.

O desfrute destas vacacións retribuídas farase/realizará coa correspondente antelación ó seu cesamento efectivo, debendo comunicarlle o traballador á empresa de forma evidente, a súa decisión de cesar voluntariamente.

Artigo 25º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto do traballador, créase unha comisión paritaria do convenio que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, a cal estará presidida polo presidente da comisión deliberadora e estará composta por igual número de vocais representativos dos traballadores por unha parte, e empresarios da outra, na que a designación recaerá sobre as mesmas persoas e en igual número de vocais titulares que foron nomeados para a negociación deste convenio.

Artigo 26º.-Partes asinantes.

Asinan o presente convenio, dunha parte José Ramón Pérez Nieto na súa calidade de representante da empresa e, da outra, os traballadores dela, xunto co delegado de persoal en Vigo.

ANEXO

Táboa salarial 1999

CategoríaTáboa salarial

1998

Incremento

3%

Táboa salarial

1999

Xefe de administración125.2693.758129.027
Oficial de primeira101.1403.034104.174
Oficial de segunda95.1442.85497.998
Almaceneiro93.1192.79495.913
Aspirante57.0961.71358.809
Telefonista83.4602.50485.964
Auxiliar de oficina86.4882.59589.083
Vixilante xuramentado86.4882.59589.083
Garda84.0402.52186.561
Conductor de camión98.9522.969101.921
Conductor de reparto95.6982.87198.569
Conductor de carreta93.5142.80596.319
Mozo de almacén e reparto87.5732.62790.200
Mecánico visitador-montador104.2443.127107.371
Mecánico instalador103.1973.096106.293
Limpadora por horas36511376

Nota: o incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de transporte.

ANEXO

Táboa salarial 2000

CategoríaTáboa salarial

1999

Incremento

3%

Táboa salarial

2000

Xefe de administración129.0273.871132.898
Oficial de primeira104.1743.125107.299
Oficial de segunda97.9982.940100.938
Almaceneiro95.9132.87798.790
Aspirante58.8091.76460.573
Telefonista85.9642.57988.543
Auxiliar de oficina89.0832.67391.756
Vixilante xuramentado89.0832.67391.756
Garda86.5612.59789.158
Conductor de camión101.9213.058104.979
Conductor de reparto98.5692.957101.526
Conductor de carreta96.3192.89099.209
Mozo de almacén e reparto90.2002.70692.906
Mecánico visitador-montador107.3713.221110.592
Mecánico instalador106.2933.189109.482
Limpadora por horas37611387

Nota: o incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de transporte.