Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo da empresa Maconsi, S.L., para os traballadores dos centros de traballo de: cafetería do Hospital do Meixoeiro, servicio de cociña do Hospital Nicolás Peña e servicio de cafetería da Facultade de Humanidades.

Vista a acta da comisión negociadora do convenio colectivo de Maconsi, S.L. para os traballadores dos centros de traballo de: cafetería do Hospital do Meixoeiro, servicio de cociña do Hospital Nicolás Peña e servicio de cafetería da Facultade de Humanidades, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26 de xuño de 2000, de corrección de erros nos artigos nº 1 e nº 8 do devandito convenio (BOP nº 120, do 22), e no sentido que se fai figurar no texto da acta referida.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido nos artigos nº 1 e nº 8 do convenio colectivo da empresa

Maconsi, S.L. e no sentido que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 28 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión da comisión negociadora do convenio colectivo de Maconsi, S.L., para os centros de traballo de: cafetería do Hospital do Meixoeiro, servicio de cociña do Hospital Nicolás Peña e servicio de cafetería da Facultade de Humanidades, CUVI.

Vigo, 20 de xuño de 2000.

Representantes dos traballadores:

Alberto Heras Revelo.

Sonia Mª Fontán Rodríguez.

Paloma Cabal Sepúlveda.

Representantes da empresa:

José Manuel Cotilla.

Por Comisións Obreiras:

Marcos Zurita Giráldez.

Reunida a comisión negociadora do citado convenio colectivo, formada polos membros descritos anteriormente, e trala oportuna análise, acorda:

Que os artigos nº 1 e nº 8 do convenio colectivo sexan modificados, pasando a redacción definitiva a se-la que a seguir detallamos:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo regulará as condicións laborais entre os traballadores/as e a empresa, nos centros de traballo da cafetería do Hospital do Meixoeiro, do servicio de cociña do Hospital Nicolás Peña e do servicio de cafetería da Facultade de Humanidades (CUVI), adscrito á empresa Maconsi, S.L.

Artigo 8º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto neste convenio aplicarase o disposto na lexislación ou normativa laboral legalmente vixente (artigo 44 ET) e o disposto no artigo 23 do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra.

Sen máis temas que tratar, asinan esta acta os membros da comisión negociadora na data arriba indicada.

Rep. traballadoresRep. empresaRep CC.OO.