Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as ditas competencias.
Examinado o expediente promovido por José Carlos González Vila, en representación da sociedade González Pérez, C.B., solicitando autorización de apertura dun centro para imparti-las ensinanzas musicais de graos elemental e medio que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
Vistos os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo sobre o cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro, título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro),
polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autorízase o centro privado Harmonía de Lugo para imparti-las ensinanzas correspondentes ós graos elemental e medio establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.
Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de música Harmonía queda adscrito, para efectos administrativos, ó Conservatorio profesional de música de Lugo.
Terceiro.-A presente autorización para imparti-las ensinanzas musicais de graos elemental e medio terá efectos a partir do curso académico 2000-2001.
Cuarto.-O mencionado centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados na presente orde.
Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Disposición transitoria
O centro poderá impartir, ademais, con validez académica oficial, as ensinanzas das materias correspondentes ó plan de estudios regulamentado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro (BOE do 24 de outubro), que non foran suprimidas polo Real decreto 986/1991, do 14 de xuño (BOE do 25 de xuño), modificado polos RR.DD. 535/1993, do 12 de abril (BOE do 4 de maio), 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28 de xullo), 1468/1997, do 19 de setembro (BOE do 20 de setembro), 173/1998, do 16 de febreiro (BOE do 17 de febreiro) e o Real decreto 1112/1999, do 25 de xuño (BOE do 8 de xullo).
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las medidas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Lugo.
Concello: Lugo.
Localidade: Lugo.
Enderezo: praza da Milagrosa, 10.
Código: 27020574.
Titular: González Pérez, C.B.
Denominación: Centro Autorizado de Música Harmonía.
Postos escolares: grao elemental: 100; grao medio: 180.